Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2022 Páx. 56413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente ICA-CO-0016/2019-FH.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente ICA-CO-0016/2019-FH.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Control da Calidade Alimentaria da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, situadas en praza de Europa, 5A, 2º, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a súa elección, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo onde o interesado teña o seu domicilio, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, por ser a sede do órgano autor do acto impugnado, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente: ICA-CO-0016/2019-FH.

Interesado: 32839093S.

Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.