Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2022 Páx. 56379

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 17 de outubro de 2022 polo que se convoca o proceso selectivo para a contratación, baixo a modalidade contractual de actividades científico-técnicas, de cinco titulados/as superiores universitarios (técnicos/as I, categoría 004), no marco do Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e a Fundación Juana de Vega para o desenvolvemento do proxecto titulado Caracterización, recuperación, conservación e transferencia da biodiversidade xenética vexetal de interese agrario de Galicia.

Anúnciase a convocatoria do proceso selectivo para a contratación baixo a modalidade contractual de persoal laboral indefinido de cinco titulados/as superiores universitarios (categoría 004 do grupo I, titulada/o superior), licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, Enxeñaría Agrónoma, Enoloxía, Enxeñaría Forestal; graduado/a en Enxeñaría Técnica Agrícola e/ou Forestal, ou equivalentes, para a realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica regulada na lexislación vixente que resulte de aplicación, particularmente, polo disposto na Lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, na súa nova redacción dada polo Real decreto lei 8/2022, do 5 de abril, polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da contratación laboral do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, e na Lei 17/2022, do 5 de setembro, pola que se modifica a Lei 14/2011.

O prazo de presentación das solicitudes é de dez (10) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria:

https://mediorural.xunta.gal/gl/conselleria/organismos-adscritos/axencia-galega-da-calidade-alimentaria/documentacion

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2022

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria