En sesións que tiveron lugar os días 6 e 10 de outubro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 8 de xullo de 2022 (DOG núm. 133, do 13 de xullo) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),
ACORDOU:
Primeiro. Na sesión do día 6 de outubro, ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, na quenda de acceso libre, anular as preguntas número 1, 19, 56, 92, 102, 114 e 116. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 121, 122, 123, 127, 128, 129 e 130. Acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta 34, sendo a correcta a alternativa d); na pregunta 55, sendo a correcta a alternativa d); na pregunta 68, sendo a correcta a alternativa d). Acórdase anular a pregunta número 119. Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.
Na quenda de promoción interna, anular as preguntas número 36, 72, 82, 94 e 96. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 101, 105, 106, 107 e 108. Acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta 14, sendo a correcta a alternativa d); na pregunta 35, sendo a correcta a alternativa d); na pregunta 48, sendo a correcta a alternativa d). Acórdase anular a pregunta número 99. Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre as persoas aspirantes que obtiveran una puntuación mínima de vinte (20) puntos. Para estos efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, pola Resolución deste tribunal do 14 de setembro de 2022, pola que se dá publicidade aos criterios de corrección do primeiro exercicio, estableceuse que, na quenda de acceso libre, superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións ata completar un número de 168 persoas, sempre e cando acaden o mínimo do 50 %, en cada unha das partes, das respostas correctas unha vez feitos os descontos correspondentes.
De darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 % en cada unha das partes das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de 168 persoas.
No acceso pola quenda de promoción interna, o tribunal acordou que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
De darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa de 9, rebaixarase ao mínimo do 40 % en cada unha das partes das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Feita a corrección en sesión do día 10 de outubro de 2022, e consonte os criterios anteriores, superaron o exame un total de 32 aspirantes no conxunto de todas as quendas.
Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.
Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles que se contan desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2022
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do tribunal