Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2022 Páx. 56388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica da modificación 1 do proxecto de regulamentación da LMTA DC SCV810 e SCV825, apoios números D12 e D13, no concello de San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica da modificación 1 do proxecto de regulamentación da LMTA DC SCV810 e SCV825, apoios números D12 e D13, na Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 11 de outubro de 2022

María Alicia López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/147-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Termo municipal: S. Cibrao das Viñas.

Denominación da instalación: modificación 1 do proxecto de regulamentación da LMTA DC SCV810 e SCV825-apoios números D12 e D13.

Predio nº

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

2

Marina Álvarez Abraldes

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de San Cibrao das Viñas

3.11.2022

11.15

4

Descoñecido

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de San Cibrao das Viñas

3.11.2022

11.30