Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2022 Páx. 56535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 6 de outubro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 195/2022 contra a Resolución do 25 de marzo de 2022 pola que se desestima o recurso de alzada formulado fronte ao Acordo do 10 de febreiro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, e polo que de dá publicidade de diversos acordos (Diario Oficial de Galicia número 34, do 18 de febreiro de 2022).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Xulgado do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira da Coruña polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 195/2022, fronte á Resolución do 25 de marzo de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se desestima o recurso de alzada formulado fronte o Acordo do 10 de febreiro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, e polo que se dá publicidade a diversos acordos (DOG núm. 34, do 18 de febreiro de 2022).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública