Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2022 Páx. 56512

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2022 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de abril de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 80, do 26 de abril).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019 (DOG núm. 80, do 26 de abril), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 27 de setembro de 2022 (DOG núm. 190, do 5 de outubro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,
subgrupo A1, escala superior de estatísticos

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

1

***2767**

Martín Vila, María

Promoción interna

 

FCA010000215770036

Xefatura Sección de Difusión e Información II

FC

S. X. de Síntese, Análise e Difusión

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

A1, A2

25

2

***8585**

López del Olmo, Beatriz

Libre

2

FCA010000115770032

Técnico/a facultativo/a superior

FC

Secretaría Xeral

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

A1

22

3

***5608**

Piñeiro Peón, Marta

Libre

 

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público

4

***6287**

Guerra Fernández, Montserrat

Libre

6

FCA010000015770012

Posto base subgrupo A1

FC

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

A1

20

5

***9439**

Piñeiro Guillén, Paula

Libre

4

FCA010000015770009

Posto base subgrupo A1

FC

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

A1

20