Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2022 Páx. 56517

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D).

O 11 de agosto de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en adiante DOG) número 153 a Orde do 26 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (códigos de procedemento PR461B e PR461D).

O 17 de agosto de 2022, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes.

O 30 de setembro de 2022 o DOG publicou a Resolución do 21 de setembro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D). Esta resolución concedía un prazo de dez días hábiles para emendar os motivos de exclusión.

Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido nos puntos 3 e 4 da referida Orde do 26 de xullo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade convocado pola Orde do 26 de xullo de 2022 (DOG núm. 153, do 11 de agosto).

A listaxe definitiva de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas excluídas no proceso de provisión por mobilidade, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 18 de outubro de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas excluídas. Proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado pola Orde do 26 de xullo de 2022

NIF

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas exclusión

***158***

Andrade

Castro

Carlos

4

***849***

Argibay

Montero

Nicolás

1,2,3,5

***072***

Bustabad

Santiago

Daniel

4

***630***

Capelán

Martínez

Emilio José

4,5

***656***

Davila

Migueles

Eva

1,3,5

***418***

Fernández

Camiño

Jorge

4

***750***

Fernández

Rodríguez

Alexandre

1,4,6

***929***

Galdón

Couto

Manuel Vicente

1,4,6

***973***

Lorenzo

Pérez

Óscar José

1,3,5

***495***

Mallo

Mallo

Alberto

1,4,6,7

***887***

Martínez

Vecino

Emilio Teodoro

3,5,7

***166***

Míguez

Piñón

Borja

4

***589***

Novegil

Arosa

Sara

1,3,5

***245***

Pérez

Soto

Iván

4

***189***

Ramos

Gómez

César

1,3,5,7,8

***965***

Rey

Rodríguez

Mónica

4

***442***

Roca

Bernárdez

Álvaro

1,3,5

***695***

Rodríguez

Pérez

Iván

1,5

***075***

Rodríguez

Rodríguez

David

4,6

***926***

Santos

Dopazo

Diego

1,3,5

***775***

Sousa

Duarte

Roberto

1,5,9

***383***

Vidal

Somoza

Vicente

1,3,5

Causas de exclusión

1

Modelo de instancia ou solicitude non válido ou incompleto

2

O importe aboado é incorrecto

3

Non presenta certificado acreditativo segundo o establecido no punto 3.5.2.g) da convocatoria

4

O certificado presentado non acredita todos os requisitos do punto 3.5.2.g) da convocatoria

5

Non presenta o documento especificado no punto 3.5.2.e) da convocatoria

6

A documentación presentada incumpre o establecido no punto 3.5.2.f) da convocatoria

7

Non presentou e non foi posible comprobar o cumprimento do requisito da titulación exixida

8

Non presenta documento acreditativo de ter aboado as taxas

9

Non cumpre os requisitos establecidos no punto 2.2.e) da convocatoria