Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2022 Páx. 56724

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela co procedemento abreviado 388/2022.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 388/2022 (procedemento abreviado), interposto por Andrés Sáez González contra a Resolución do 21 de xullo de 2022 pola que se desestima o recurso de reposición interposto o 16 de marzo de 2022 fronte á Resolución do 2 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de setembro de 2019, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (DOG núm. 49, do 11 de marzo).

O recorrente non está de acordo coa puntuación obtida na epígrafe de formación.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2022

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos