Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2022 Páx. 57407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 278/2022, seguido perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fronte ao Decreto 82/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do persoal sanitario funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia, en desenvolvemento da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu da Sección 1 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un decreto polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo interposto por Domingo Rodríguez Siaba, que actúa en nome e representación de Mª Luz Soriano Radio e Mª Rocío Tejeda Pascual, contra o Decreto 82/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do persoal sanitario funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia, en desenvolvemento da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección 1 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de nove (9) días contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2022

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade