Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2022 Páx. 57422

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Somozas

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza de operario/a de servizos, condutor/a, por estabilización de emprego.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 186, do 29 de setembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

Unha praza de operario/a de servizos condutor/a, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, incluída na oferta de emprego público extraordinaria regulada pola Lei 20/2021, do 28 de decembro.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

As Somozas, 29 de setembro de 2022

Juan Alonso Tembrás
Alcalde