Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2022 Páx. 57425

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamarín

ANUNCIO da convocatoria de selección de persoal para unha praza de encargado/a de velorio e servizos varios.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 6 de outubro de 2022 aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección de persoal, mediante concurso, para unha praza de traballador/a para o posto de encargado/a de velorio municipal e servizos varios, a media xornada, persoal laboral fixo, acollido ao proceso de estabilización do emprego temporal do Concello de Vilamarín. Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No taboleiro de anuncios e na sede electrónica deste concello (vilamarin.sedelectronica.es) aparecen integramente publicadas as bases que rexerán a convocatoria e o proceso de selección.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse na sede electrónica deste concello (vilamarin.sedelectronica.es) e no taboleiro de anuncios, para maior difusión.

Vilamarín, 6 de outubro de 2022

Amador Vázquez Vázquez
Alcalde presidente