Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57511

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea un novo membro do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo especialista de área na especialidade de cirurxía plástica, estética e reparadora, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 20 de xaneiro de 2022 (DOG núm. 22, do 2 de febreiro de 2022), nomeouse o tribunal cualificador para o ingreso na categoría de facultativo especialista de área na especialidade de cirurxía plástica, estética e reparadora.

Na base sétima da Resolución do 18 de xuño de 2021, de convocatoria do proceso, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, un novo membro, na condición de secretario/a titular do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo especialista de área na especialidade de cirurxía plástica, estética e reparadora, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021 (DOG núm. 126, do 5 de xullo), nos termos que a continuación se indican:

Secretario/a titular. Margarita Prado Vaamonde, persoal estatutario de xestión e servizos, grupo técnico da función administrativa, en substitución de Alberto López Suárez, persoal estatutario de xestión e servizos, grupo técnico da función administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos