A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ao que lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, conservación do patrimonio natural, paisaxe e vivenda, conforme o establecido no Estatuto de autonomía de Galicia nos termos sinalados na Constitución española e que exercerá no Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e no Decreto 77/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das Consellerías da Xunta de Galicia. Correspóndelle á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (DXCASCC) a través da Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático (SXMCC), a xestión dos sistemas de observación ambiental, así como o impulso, o desenvolvemento e a coordinación de iniciativas e proxectos de investigación en materia ambiental, a súa difusión e divulgación, de conformidade co citado decreto.
O Consello da Xunta de Galicia aprobou, o 3 de outubro de 2019, a súa Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Esta estratexia establece como obxectivo principal «conseguir a neutralidade climática (un equilibrio entre as emisións e as absorcións de gases de efecto invernadoiro derivadas da actividade humana) canto antes e, como moi tarde, no ano 2050, é dicir, antes de que finalice a primeira metade do século».
Neste sentido, a dita guía establece dous piares fundamentais para alcanzar o devandito obxectivo: reducir drasticamente as emisións de gases de efecto invernadoiro e potenciar a capacidade de absorción de carbono a través da xestión de masas forestais, usos do solo e conservación dos ecosistemas.
Doutra banda, esta estratexia establece catro ámbitos: mitigación, adaptación, investigación e dimensión social-gobernanza-sensibilización.
En relación co ámbito de mitigación, establécense os seguintes dous obxectivos: reducir drasticamente as emisións GEI en Galicia e aumentar a absorción de CO2 mediante unha xestión sustentable do territorio. Este segundo obxectivo, á súa vez, componse de catro liñas de actuación, entre as cales se atopan a A7: cuantificar as emisións/absorcións asociadas aos usos do solo, A8: potenciar a capacidade de absorción no sector forestal ou A10: posta en valor doutras reservas de carbono.
Neste contexto, desde a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Xunta de Galicia considérase necesario romper o paradoxo actual polo que, habendo unha inmensa cantidade de terreos galegos infrautilizados, non se realiza unha compensación local de CO2. Para iso, preténdense desenvolver solucións innovadoras que promovan unha compensación de proximidade. Así, considérase que os proxectos de compensación de dióxido de carbono, tanto a nivel de repoboacións forestais con cambio de uso de solo, como nas actuacións en zonas forestais incendiadas para o restablecemento da masa forestal son unha grande oportunidade para alcanzar esta meta.
Ante a necesidade detectada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, realizáronse diferentes análises do estado da arte das tecnoloxías existentes no mercado, e concluiuse que non existen solucións comerciais que poidan ser adoptadas pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático para satisfacer a devandita necesidade. Por tanto, determínase lanzar este proxecto de compra pública de innovación, que poderá ser cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), a través da Liña de fomento de innovación desde a demanda para a compra pública de innovación (Liña FID-CPI) mediante do Ministerio de Ciencia e Innovación (MCIN).
Segundo o establecido no artigo 115 da 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se transpoñen as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, artigos 40 e 41 (en diante, LCSP), os órganos de contratación poderán realizar estudos de mercado e dirixir consultas aos operadores económicos que estivesen activos nel coa finalidade de preparar correctamente a licitación e informar os citados operadores económicos acerca dos seus plans e dos requisitos que exixirán para concorrer ao procedemento.
En consecuencia, do anteriormente exposto, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático,
ACORDA:
Primeiro. Convocatoria
Convócase unha consulta preliminar ao mercado no marco do proxecto SICLE-CO2: solucións innovadoras para a compensación local de emisións de CO2, para cubrir a necesidade de desenvolver solucións innovadoras que promovan unha compensación de emisións de proximidade, co fin de preparar a eventual licitación dun ou varios proxectos informando para iso os operadores económicos acerca dos retos e das necesidades para solucionar.
Segundo. Obxecto
O obxecto da presente consulta preliminar do mercado é recompilar a información necesaria para preparar unha ou varias eventuais contratacións públicas no marco do proxecto SICLE-CO2: solucións innovadoras para a compensación local de emisións de CO2, e informar os operadores económicos acerca dos seus plans e requisitos de contratación.
Esta consulta busca promover a participación de persoas físicas ou xurídicas para a presentación de solucións destinadas a dar resposta aos retos publicados no anexo I da presente resolución mediante a utilización de tecnoloxías que superen as prestacións das existentes actualmente no mercado.
A través do perfil do contratante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estará dispoñible toda a documentación de relevancia neste procedemento, aloxado na Plataforma de contratos públicos de Galicia (CPG), accesible a través da páxina web www.contratosdegalicia.com
Concretamente, preténdese que, a partir dos resultados da consulta preliminar ao mercado, se poida contar co coñecemento suficiente sobre as solucións máis innovadoras que o mercado podería desenvolver para definir as especificacións funcionais que permitan a innovación e sexan factibles de alcanzarse e para avaliar as capacidades do mercado.
Terceiro. Participantes
A resolución é aberta e diríxese a persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas.
Admitirase a presentación de varias solucións por unha mesma persoa física ou xurídica, xa sexa individualmente ou de forma conxunta con outras.
Cuarto. Presentación de propostas de solución
As propostas de solución presentaranse enviando un correo electrónico ao enderezo: cambio.climatico@xunta.gal
Para a presentación das propostas de solución os propoñentes cinguiranse ás seguintes regras:
1. Os participantes deberán formular as súas propostas de solución cubrindo o formulario que se atopa no anexo II desta resolución.
2. Os participantes presentarán as súas solucións en castelán ou galego. A comunicación cos participantes para responder as preguntas que se expoñan realizarase en castelán ou galego.
3. Poderase acompañar o formulario coa documentación complementaria que se considere oportuna, onde se poderá desenvolver a proposta de solución con maior detalle, aínda que se roga aterse ao formulario para facilitar a súa análise. En calquera caso, o tamaño máximo permitido para o correo electrónico da proposta de solución será de 5 Mb. Se debido á documentación complementaria fose necesario superar o tamaño máximo permitido, esta documentación deberá entregarse a través dunha ligazón para descarga a través dun sistema de intercambio de arquivos na nube.
4. As propostas de solución identificaranse cun acrónimo, o cal se indicará en todas as comunicacións no inicio do asunto do correo electrónico.
5. Poderanse enviar sucesivas versións dunha proposta de solución, co mesmo acrónimo. Cada proposta de solución enviada substituirá completamente a anterior. Por iso, a nova proposta deberá incluír todo o que se considere que segue sendo válido das anteriores.
6. No caso de que unha proposta de solución se presente de forma conxunta, deberá empregarse unha única vía de comunicación (correo electrónico) para os efectos de interlocución cos propoñentes.
7. Os custos derivados da participación correrán a cargo dos participantes.
8. As propostas de solución poderán presentarse en calquera momento a partir da data de inicio indicada na presente resolución, e sempre que esta permaneza aberta, segundo se indica na cláusula oitava.
9. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático non se obriga a financiar nin a aceptar as propostas de solución presentadas.
Quinto. Aplicación dos principios de transparencia, igualdade de trato e non discriminación nin falseamento da competencia
A participación na consulta preliminar ao mercado, os contactos mantidos cos participantes ou os intercambios de información rexeranse baixo os principios comunitarios de transparencia, igualdade de trato e non discriminación, sen que poidan ter como efecto restrinxir ou limitar a competencia, nin outorgar vantaxes ou dereitos exclusivos nunha eventual licitación posterior. A súa inobservancia poderá ser considerada como infracción. Para tal efecto, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático adoptará as medidas necesarias para garantir o mantemento dos citados principios, tanto no desenvolvemento desta resolución como en calquera posible procedemento de contratación posterior.
A participación na consulta preliminar ao mercado non outorgará dereito nin preferencia ningunha respecto da adxudicación dos eventuais contratos que se poidan celebrar con posterioridade no ámbito do obxecto desta resolución e, como consecuencia diso, non carrexa ningunha obrigación de financiamento ou aceptación das propostas de solución presentadas.
As dúbidas e preguntas que poidan xurdir durante o proceso de consulta preliminar ao mercado por parte dos operadores económicos serán contestadas a través dun documento publicado para ese efecto no perfil do contratante, co fin de garantir que todos os participantes interesados dispoñan da mesma información.
Finalizada a consulta, se se considera oportuno continuar coa contratación, poderase publicar no perfil do contratante, o denominado Mapa de demanda temperá da futura ou futuras contratacións que se pretendan convocar, para os efectos de informar o mercado para que poida preparar as ofertas, facilitando a planificación e a redución do risco. A ausencia de publicación do Mapa de demanda temperá non impedirá que no futuro a Administración poida promover licitacións que satisfagan total ou parcialmente as necesidades administrativas que foron obxecto de consulta previa.
Farase pública aquela información intercambiada cos participantes no marco desta consulta preliminar ao mercado que garanta o cumprimento dos principios de transparencia, igualdade de trato e non discriminación. Esta información publicarase mediante fichas de avance, xornadas públicas, documentos de información, mapas de demanda temperá ou outros formatos destinados para ese efecto.
Sexto. Apoio técnico
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, poderá valerse do asesoramento doutras entidades que considere oportunas para a correcta execución e resolución de dúbidas e cuestións que se presenten durante a consulta preliminar ao mercado.
Para a análise das diferentes propostas de solución presentadas, poderase nomear un Comité Técnico formado por persoal da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático e/o doutras instancias públicas que se consideren de interese. Este comité poderá solicitar a opinión de expertos externos con voz, pero sen voto nas deliberacións.
Contarase co asesoramento e apoio da empresa SIDI Consultoría e Xestión, S.L. para o desenvolvemento das actuacións necesarias no proceso de consultas preliminares do mercado.
No momento anterior á súa intervención no proceso, publicarase o nome dos asesores/expertos ou entidades asesoras involucrados na consulta preliminar ao mercado no perfil do contratante.
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático adoptará as medidas necesarias para, en caso de identificar un posible conflito de interese, garantir o mantemento dos citados principios de contratación pública.
Sétimo. Prazo e actualizacións da consulta preliminar do mercado.
O primeiro prazo para a presentación de propostas de solución comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e finalizará o 26 de novembro ás 23.59. Este prazo poderá ser ampliado se se considera oportuno, o cal se comunicará a todos os que participasen ata ese momento na consulta a través do enderezo de correo electrónico proporcionado, e farase público no perfil do contratante.
Poderanse realizar xornadas informativas, reunións cos participantes e calquera outras actuacións de comunicación e difusión que se consideren oportunas. Se se considerase necesario, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático poderá contactar con participantes concretos para solicitar máis información sobre a súa proposta de solución, aclarar dúbidas ou solicitar demostracións.
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático poderá publicar actualizacións dos retos da presente resolución. Poderá, por tanto, engadir novos retos ou reformular os retos publicados froito da evolución do propio proceso de consulta preliminar do mercado. Tamén, durante o desenvolvemento da consulta poderase publicar información relativa aos avances da consulta.
Sen prexuízo do emprego doutras canles complementarias, toda a información actualizada sobre a consulta estará dispoñible no perfil do contratante.
Comunicaranse estas actualizacións a todos os que participasen ata ese momento na consulta a través do enderezo de correo electrónico facilitado ao enviar a proposta de solución.
O peche da consulta determinarase para cada reto publicado cando a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático considere que:
• Dispón de información suficiente sobre propostas de solución innovadoras para ese reto como para iniciar un eventual proceso de contratación pública de innovación, ou
• Considere que tal reto non xerou suficiente interese no mercado como para manter a consulta aberta, ou
• Considere que a oportunidade de expor ese reto decaeu.
O peche da consulta sobre un reto anunciarase con polo menos dúas semanas de antelación, publicándoo no perfil do contratante. Comunicarase o peche de cada reto a todos os que participasen ata ese momento na consulta a través do enderezo de correo electrónico achegado. Poderase revogar o aviso de peche dun reto en calquera momento informando diso polos mesmos medios.
Oitavo. Resultado da consulta preliminar de mercado
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático estudará as propostas de solución que se presenten e poderá utilizalas, conforme o establecido no artigo 126 da LCSP para definir as especificacións funcionais ou técnicas detalladas que se poidan empregar nos procedementos de contratación de bens ou servizos que con posterioridade se poidan convocar.
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático fará constar nun informe final as actuacións realizadas no marco da consulta preliminar ao mercado. No devandito informe aparecerá a listaxe de entidades participantes na consulta e estableceranse, ademais, as próximas actuacións que levará a cabo a entidade que poderán ser, entre outras, a publicación do Mapa de demanda temperá. Este informe formará parte dos eventuais expedientes de contratación que del se deriven.
Noveno. Protección de datos persoais e confidencialidade
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático almacenará os datos de contacto dos participantes no procedemento para os meros efectos de establecer unha canle de comunicación cos propoñentes durante o proceso de consulta preliminar do mercado.
Para asegurar a transparencia do proceso, a dispoñibilidade da maior información posible e o intercambio eficaz de experiencias e opinións, os participantes farán constar expresamente a súa conformidade para que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático manteña accesible e actualizada a información necesaria, total ou parcial, sobre as súas propostas de solución, sen prexuízo daquela que fose identificada como confidencial.
Para iso, os participantes indicarán a documentación ou a información técnica ou comercial da súa proposta de solución que presenta carácter confidencial, e non será admisible que se efectúe unha declaración xenérica ou se declare que toda a información ten carácter confidencial. Este carácter confidencial protexe, en particular, os segredos técnicos ou comerciais e os aspectos confidenciais identificados nas propostas de solución. Neste sentido, o contido da información incluída no formulario do anexo 2, en ningún caso poderá ser cualificado como confidencial e unicamente os adxuntos a ese formulario poderán designarse como tales concretando os aspectos que se vexan afectados pola devandita declaración de confidencialidade.
Décimo. Dereitos de explotación
O uso do contido das propostas de solucións limítase exclusivamente á súa posible inclusión nas especificacións funcionais ou técnicas dun eventual procedemento de contratación posterior.
Décimo primeiro. Contratación pública
A partir das propostas de solución recollidas como resultado desta resolución, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá proceder co correspondente procedemento de contratación pública ulterior.
Este eventual procedemento de compra posterior estará aberto a todas as ofertas que cumpran, de ser o caso, as condicións establecidas para ese procedemento participasen ou non nesta consulta preliminar ao mercado.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2022
Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático
ANEXO I
Descrición dos retos
1. Antecedentes.
1.1. A crecente importancia dos sumidoiros de carbono e os mecanismos de compensación de emisións no marco da acción climática.
A UE caracterizouse nos últimos anos por unha posición de liderado en loita fronte ao cambio climático. Nese sentido e, en vista da situación actual comunicada pola comunidade científica, a UE definiu no marco do Pacto Verde Europeo o obxectivo de conseguir que Europa sexa climaticamente neutra de aquí a 2050.
As emisións e absorcións de gases de efecto invernadoiro na UE deberán estar equilibradas, como moi tarde en 2050, polo que nesa data as emisións netas deben reducirse a cero e, a partir de entón, a Unión terá como obxectivo lograr unhas emisións negativas.
Para conseguir que este obxectivo sexa xuridicamente vinculante, a Comisión aprobou a Lei europea do clima, que establece un novo obxectivo dunha redución neta das emisións de gases de efecto invernadoiro de polo menos un -55 % ata 2030, en comparación cos niveis de 1990.
En paralelo á definición do marco de enerxía e clima da UE, as distintas nacións, rexións, municipios e empresas están a definir tamén políticas e obxectivos climáticos na mesma liña. Por tanto, o establecemento de obxectivos climáticos en termos de neutralidade climática e de redución de emisións netas, mostra a importancia cada vez maior nas políticas climáticas do secuestro de carbono mediante sumidoiros naturais.
Actualmente, a nivel nacional, aprobouse o Real decreto 163/2014, do 14 de marzo, polo que se crea o Rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de absorción de dióxido de carbono. Este real decreto ten como obxectivo contribuír á redución a nivel nacional das emisións de gases de efecto invernadoiro, a incrementar as absorcións polos sumidoiros de carbono no territorio nacional e a facilitar desta maneira o cumprimento dos compromisos internacionais asumidos por España en materia de cambio climático.
Este real decreto, ademais de impulsar os esforzos das organizacións españolas no cálculo e redución das emisións de gases de efecto invernadoiro que xeran as súas actividades, facilita a compensación total ou parcial da pegada de carbono destas, mediante unha serie de proxectos forestais situados en territorio nacional. Estes proxectos integran numerosos beneficios ambientais e sociais, entre os que se atopa a absorción de dióxido de carbono da atmosfera, tamén coñecida como secuestro de carbono.
O Rexistro de pegada de carbono, compensación e proxecto de absorción de dióxido de carbono aprobado no devandito real decreto conta con tres secciones:
• Sección A: sección de pegada de carbono e de compromisos de redución.
• Sección B: sección de proxectos de absorción de dióxido de carbono.
• Sección C: sección de compensación de pegada de carbono.
Por tanto, este rexistro permite, entre outros, monitorizar as absorcións de CO2 xeradas en territorio nacional a partir da implementación de proxectos relacionados co uso da terra, cambio de uso da terra e selvicultura que supoñan o aumento do carbono almacenado a condición de que cumpran con certos requisitos establecidos: repoboacións forestais con cambio de uso do solo ou actuacións en zonas forestais incendiadas para o restablecemento da masa.
A nivel autonómico, no ano 2021 actualizouse o instrumento básico de planificación forestal estratéxica para o deseño da política forestal galega. A primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 «Cara á neutralidade carbónica» ten entre os seus obxectivos principais mellorar a contribución do monte galego á conservación da natureza, á biodiversidade e ao patrimonio natural galego dos recursos xenéticos forestais, así como a prestación doutros servizos ecosistémicos relacionados co cambio climático, enerxías renovables e proceso de descarbonización, incrementando a capacidade dos montes galegos para absorber gases de efecto invernadoiro.
Para cumprir con estes obxectivos, a Xunta de Galicia está a poñer en marcha múltiples accións como a creación do Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, as ordes de axudas destinadas, entre outras cuestións, a paliar os danos nas explotacións forestais causados polos incendios, para accións silvícolas, para a elaboración de instrumentos de xestión ou ordenación forestal ou para o fomento de uso de produtos madeireiros na construción.
Adicionalmente, a Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, ten como finalidade a recuperación das terras agrarias galegas para uso agrícola, gandeiro e forestal, contribuíndo ao mantemento dos ecosistemas, incrementando a capacidade de adaptación ao cambio climático, fomentando a xestión forestal sustentable e loitando contra a degradación e o abandono dos solos agrarios.
1.2. O potencial da superficie forestal galega.
A nivel mundial, Galicia é unha das rexións que conta con maior potencial de absorción de CO2, no que a extensión forestal se refire. Dos algo máis de dous millóns de hectáreas de monte, hai 600.000 hectáreas que non se atopan arborizadas.
Ademais dun gran potencial forestal, Galicia dispón de 1.4 millóns de hectáreas arborizadas, contabilizando uns 680.000 propietarios forestais, dos que apenas 80.000 a explotan regularmente para produción madeireira. Trátase de donos de pequenas parcelas illadas, que suporían un potencial froito de ingresos para a rexión de máis de 150 millóns de euros se fosen dedicados á inscrición de proxectos sumidoiro de compensación de emisións de CO2.
1.3. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ao que lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, conservación do patrimonio natural, paisaxe e vivenda, conforme o establecido no Estatuto de autonomía de Galicia nos termos sinalados na Constitución española e que exercerá no Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e no Decreto 77/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.
Así mesmo, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático exercerá as competencias e funcións en materia de avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana, o fomento de sistemas e estratexias de corrección da devandita incidencia, a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, a xestión dos sistemas de observación ambiental e predición meteorolóxica de Galicia e o impulso da investigación ambiental e o desenvolvemento tecnolóxico para o logro da adecuada protección ambiental.
En concreto, a través da Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, dependente da citada Dirección Xeral, correspóndelle a xestión dos sistemas de observación ambiental, así como o impulso, o desenvolvemento e a coordinación de iniciativas e proxectos de investigación en materia ambiental, a súa difusión e divulgación, de conformidade co mencionado decreto.
1.4. Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050.
O Consello da Xunta de Galicia aprobou, o 3 de outubro de 2019, a súa Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Esta estratexia establece como obxectivo principal conseguir a neutralidade climática (un equilibrio entre as emisións e as absorcións de gases de efecto invernadoiro derivadas da actividade humana) canto antes e, como moi tarde, no ano 2050, é dicir, antes de que finalice a primeira metade do século.
Neste sentido, a dita guía establece dous piares fundamentais para alcanzar o devandito obxectivo: reducir drasticamente as emisións de gases de efecto invernadoiro e potenciar a capacidade de absorción de carbono a través da xestión de masas forestais, usos do solo e conservación dos ecosistemas.
Doutra banda, esta estratexia establece catro ámbitos: mitigación, adaptación, investigación e dimensión social-gobernanza-sensibilización.
En relación co ámbito de mitigación, establécense os seguintes dous obxectivos: reducir drasticamente as emisións GEI en Galicia e aumentar a absorción de CO2 mediante unha xestión sustentable do territorio. Este segundo obxectivo, á súa vez, componse de catro liñas de actuación, entre as que se atopan a A7: cuantificar as emisións/absorcións asociadas aos usos do solo, a A8: potenciar a capacidade de absorción no sector forestal ou a A10: posta en valor doutras reservas de carbono.
2. Necesidade non cuberta.
Cada vez son máis as administracións públicas e empresas que están a aprobar estratexias que establecen o obxectivo de alcanzar a neutralidade climática. Neste sentido, desde a Xunta de Galicia aprobouse, o 3 de outubro de 2019, a Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050.
Para o cumprimento destes obxectivos, as administracións públicas e empresas están a traballar en fomentar a redución de emisións de CO2 de todos os axentes presentes nos seus territorios, incluíndo as entidades do sector privado.
Con todo, e dado que é imposible eliminar certas emisións de CO2, debido ás limitacións técnicas dos seus procesos xeradores, as ditas administracións fomentan vías alternativas para alcanzar a referida neutralidade climática, como a compensación de emisións.
Neste marco aprobouse o Real decreto 163/2014, do 14 de marzo, polo que se crea o Rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de absorción de dióxido de carbono. Este real decreto ten como obxectivo contribuír á redución a nivel nacional das emisións de gases de efecto invernadoiro, incrementar as absorcións polos sumidoiros de carbono no territorio nacional e a facilitar desta maneira o cumprimento dos compromisos internacionais asumidos por España en materia de cambio climático.
O Rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de absorción de dióxido de carbono, en funcionamento desde maio de 2014, recibiu, ata final de 2021, 5.596 solicitudes de inscrición na sección A (pegada de carbono e de compromisos de redución), 313 na sección B (proxectos de absorción de dióxido de carbono) e 246 na sección C (compensación de pegada de carbono).
Destes datos pode deducirse que a inscrición de proxectos de absorción de dióxido de carbono (tamén chamados sumidoiro) non segue o ritmo das pegadas rexistradas e, por tanto, a compensación de rexistros da sección A non se está podendo realizar pola ausencia de proxectos na sección B, aínda habendo un potencial enorme en Galicia para abordar este tipo de proxectos.
Neste contexto, desde a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Xunta de Galicia considérase necesario romper o paradoxo actual polo que, habendo unha inmensa cantidade de terreos galegos con gran potencial de absorción, non se realiza a compensación de CO2 local. Para iso, preténdense desenvolver solucións innovadoras que promovan unha compensación de proximidade. Así, considérase que os proxectos de compensación de dióxido de carbono, tanto a nivel de repoboacións forestais con cambio de uso de solo como nas actuacións en zonas forestais incendiadas para o restablecemento da masa forestal, son unha gran oportunidade para alcanzar esta meta.
3. Obxectivos e requisitos do proxecto.
O obxectivo último do proxecto é avanzar cara á neutralidade climática, baseada nunha compensación de emisións de CO2 de proximidade que achegue valor engadido á orografía do mundo rural galego e contribúa a fixar poboación, á vez que propicie unha estratexia de protección forestal con base a principios como a transparencia, o comercio xusto, a equidade e seguridade.
Para iso, preténdese desenvolver un proxecto de compra pública de innovación que cumpra cos seguintes requisitos:
a) O proxecto deberá abordar aspectos sociais, económicos e climáticos creando unha plataforma que permita a interacción entre entidades da Administración pública, os propietarios forestais, as empresas emisoras de CO2.
b) A solución deberá fomentar a compensación local de emisións de CO2.
c) O sistema permitirá aforrar custos no control de verificación de permanencia da compensación baseándose no uso das tecnoloxías innovadoras para o control remoto, favorecendo a maior automatización posible dos traballos para realizar polos técnicos, permitíndolles dedicar os seus esforzos á análise experta e outras tarefas de valor engadido.
d) A solución deberá contribuír a reducir o despoboamento, en favor da recuperación e promoción da riqueza forestal.
e) A solución deberá aliñarse coa Liña estratéxica para o fomento da sustentabilidade dos sectores produtivos desde unha perspectiva económica, ambiental e social incluída no Plan estratéxico de subvencións do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, contribuíndo á consecución dos seus obxectivos mediante a modernización do modelo produtivo impulsado por unha transición industrial ecolóxica.
f) A solución estará aliñada cos obxectivos da Axenda 2030; terá como base a Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050, para acelerar o camiño que garanta a preservación dos recursos naturais e a recuperación e fortalecemento da actividade económica; e asumirá actuacións que impulsen en 2030 a redución dun 55 % das emisións na Unión Europea respecto de 1990; polo que se verá referendada pola Lei do clima de Galicia, en plena tramitación.
g) A arquitectura das solucións propostas deberá ser altamente configurable e integrable, de forma que permita adaptarse a novos cambios regulatorios, e abrirse a equivalencias doutros mercados, aplicando un modelo de competitividade global, sendo replicable, escalable e trasladable a outras rexións nacionais e europeas.
Para o adecuado desenvolvemento desta solución, desde a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Xunta de Galicia considérase que deben abordarse tres retos, que, aínda que están estreitamente vinculados entre si, poden basearse en solucións tecnolóxicas diferentes.
3.1. Reto 1. Banco de parcelas público.
O primeiro dos obxectivos desta solución tecnolóxica é aumentar o número de rexistros de proxectos de absorción de forma que se poidan desenvolver despois os proxectos de compensación local de emisións de CO2. Para alcanzar os obxectivos do reto 1, a solución deberá, permitir:
a) Realizar un mapeamento de todos os terreos galegos, incorporando a estimación do potencial de absorción de cada un deles, con base nos parámetros e sistemas de cálculo propios da Xunta de Galicia.
a.1) Isto deberase realizar mediante o emprego dunha ou varias tecnoloxías: tecnoloxías de linguaxe natural que permitan escanear documentación catastral nas administracións, voos de RPAS para realizar un recoñecemento do terreo, imaxes satelitais, etc.
a.2) Esta toma de información deberá basearse, na medida do posible, en solucións cuxa operación e mantemento no futuro sexa a menor posible: ben porque son datos están suxeitos a unha mínima actualización, ben porque a dita actualización se realiza de forma gratuíta (datos abertos, propios da Administración, etc.).
a.3) Así mesmo, deberase poder identificar se unha parcela identificada está catalogada como figura de protección ambiental, reserva da biosfera, ou outro monumento similar.
b) Unha vez identificadas as parcelas susceptibles de ser rexistradas, a solución debe ser capaz de realizar unha estimación con suficiente grao de precisión, do potencial de absorción de CO2 durante un período de tempo superior a 30 anos.
b.1) Esta estimación realizarase con base nos parámetros e ferramentas propias da Xunta de Galicia, que se poñerán á disposición deste banco de parcelas.
b.2) Xeración dun sistema que permita crear xemelgos dixitais de todas as actuacións posibles nunha parcela. O xemelgo dixital deberá ter en conta os futuros cambios económico-lexislativos de maneira que propoña potenciais cambios na actuación sobre unha parcela co obxectivo de mellorar a súa xestión.
b.3) Esta solución, ademais, empregará técnicas de machine learning para mellorar autonomamente as predicións e simulacións.
b.4) Así mesmo, esta plataforma realizará propostas de tomas de decisión en canto a plantacións vexetais, considerando diversos aspectos relevantes como o potencial de compensación, a adaptación ao clima e o terreo de cada parcela, etc.
b.5) Finalmente, valorarase a posibilidade de que esta solución permita aos interesados que se identifiquen como propietarios dos terreos, facilite o contacto con organizacións interesadas en compensar e os proxectos que buscan un apoio económico adicional para a súa posta en marcha. No caso de que os propietarios non se identifiquen activamente, podería chegar a valorarse que a solución permitise á Dirección Xeral poñerse en contacto con estes, de forma que se puidese comunicarlles os beneficios de participar nesta plataforma.
3.2. Reto 2. Plataforma de colaboración para o intercambio de compensacións.
O reto ten como obxectivo, con base na información obtida e posta á disposición no reto 1, propiciar un ecosistema de colaboración para a compensación de emisións, que aumente o número de proxectos galegos de compensación. Isto, para avanzar cara á neutralidade climática baseada nunha compensación de proximidade que achegue valor engadido á orografía do mundo rural galego e contribúa a fixar poboación, reforzando así o desenvolvemento económico de Galicia co fin de contribuír activamente ao crecemento sustentable da nosa comunidade autónoma.
As solucións propostas para esta plataforma deberán permitir que a colaboración entre os axentes participantes –propietarios forestais e grandes empresas, principalmente– se basea en principios como a transparencia, o comercio xusto, a equidade e seguridade.
Esta solución deberá, polo menos:
a) Permitir xerar e visualizar unha bolsa de proxectos e parcelas «activas» que permita un intercambio de compensacións.
b) Permitir á Dirección Xeral visualizar unha bolsa de parcelas «pasivas» que permita contactar con propietarios que non se deron de alta neste mercado.
c) Dispoñer deste sistema de intercambio de compensacións permitirá ás empresas que sufrisen continxencias nos seus proxectos perdendo a súa validez (ao non deberse a causas de forza maior e, por tanto, non poder acollerse á bolsa de compensación), acceder a outros proxectos de absorción de proximidade que solicitar para manter a compensación.
d) A solución detectará continxencias que provoquen ás empresas perdidas de masa de compensación e dispoñerá dun sistema automatizado de aviso e propostas alternativas de substitución.
e) O sistema debe proporcionar mecanismos de transparencia, comercio xusto, equidade e seguridade a este ecosistema de colaboración, en prol de lograr un intercambio xusto entre pequenos propietarios forestais e grandes empresas, que negociarán de forma privada nun mercado libre, pero evitando posicións de abuso dominante.
f) O sistema deberá garantir unha comunicación segura entre as partes, permitindo a subscrición de acordos vinculantes a través dela, con base nas tecnoloxías Blockchain.
g) Esta bolsa deberase actualizar automaticamente, cando, por exemplo, varíen datos da caracterización dunha parcela en cuestión: algún tipo de continxencia que provoque a perda da masa e, por tanto, das absorcións xeradas.
3.3. Reto 3. Seguimento de proxectos de compensación.
O terceiro dos retos está enfocado a mellorar a capacidade da Administración para supervisar os proxectos de compensación e exercer un rol de controlador/árbitro que garanta que os principios xa descritos se cumpren. Actualmente, existen procesos de rexistro da solicitude e comprobación de requisitos dos proxectos, correccións, se fose o caso, etc., así como posteriores de permanencia da compensación ante continxencias por causa de forza maior, verificación da continuidade do proxecto, etc.
O obxectivo do reto é realizar un seguimento dos proxectos de compensación durante os 30 anos que exixe a normativa de vixilancia. Así, a Administración deberá poder verificar a permanencia do proxecto de compensación e detectar calquera tipo de continxencia, a súa magnitude e a súa causa, para determinar se podería actuar a bolsa de garantía do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para cubrir a compensación.
Se o proxecto de absorción co que se compensou sofre algún tipo de continxencia que provoque a perda da masa e, por tanto, das absorcións xeradas ata ese momento, a compensación perderá a súa validez. Dependendo do motivo da devandita continxencia, podería actuar a Bolsa de garantía para cubrir a compensación.
Esta solución, deberá, polo menos, permitir:
a) Realizar un seguimento dos proxectos de absorción de dióxido de carbono de maneira que se dispoña de información sobre o estado da masa forestal.
b) Verificar a permanencia da compensación do proxecto dos proxectos de absorción.
c) O sistema desenvolvido realizará labores de seguimento de proxectos de absorción, con obtención automática de información e posta ao dispor de usuarios finais ou entidades da Xunta interesadas, permitindo realizar análises de datos agregados.
d) Detectar continxencias (e motivo destas-causa de forza maior) que provoquen a perda de masa de compensación.
e) Informar da validez da compensación dos proxectos tras unha continxencia por causa de forza maior, ou da necesidade de substitución por perda de validez.
4. Contido innovador.
Actualmente, non existe no mercado unha solución que permita abordar todos os retos anteriormente expostos dando solución ás necesidades descritas co nivel de precisión, automatismo e seguridade necesarios.
En concreto, o proxecto aborda, polo menos, o desenvolvemento e integración de tecnoloxías innovadoras nos seguintes ámbitos.
a) Creación dun índice de viabilidade económica dos proxectos mediante técnicas de big data, IA e machine learning, que permitan determinar os requisitos necesarios para o cumprimento ou non dos programas de compensación. Ademais, estas técnicas permitirán determinar en caso de incendio, ou similar, o seu impacto, tomar as medidas oportunas e xestionar a nova compensación asociada a esa nova área danada.
b) Identificación e caracterización de terreos e seguimento dos proxectos de absorción mediante o desenvolvemento de novos sensores ou algoritmos de procesado de imaxe que mediante o uso de aeronaves non tripuladas UAS, HAPS ou outros sistemas de captura de imaxes, optimicen os seguimentos dos procesos de absorción.
c) Desenvolvemento de tecnoloxías de novos sensores ou algoritmos de procesado de imaxe, LiDAR ou outros que permitan clasificar de forma automática as distintas parcelas con vexetación como potenciais proxectos de absorción de CO2. Estes desenvolvementos, entre outras funcionalidades, deberán abordar a delimitación da parcela e a súa clasificación en función do tipo de vexetación, a densidade e calquera outro parámetro que afecte a súa clasificación como proxecto de absorción de CO2.
d) Desenvolvemento de técnicas de aprendizaxe automática que permitan crear simulacións entre diferentes proxectos de absorción con parcelas xa existentes e actualizar e mellorar continuamente as predicións realizadas.
e) Emprego de tecnoloxías de procesamento de linguaxe natural para explotar toda a información relevante almacenada na Administración pública e fontes abertas de datos.
f) Emprego de ontoloxías e grafos de coñecemento requiridos para a integración intelixente de fenómenos que condicionan a caracterización de parcelas, o mercado de emisións e o seu seguimento.
g) Xemelgo dixital. Tanto para o almacenamento masivo, como para a xestión dese almacenamento, xa sexa en dispositivos locais, como na nube ou en sistemas híbridos, existen numerosas alternativas no mercado e con grao de madurez elevado. Con todo, non existen solucións actualmente no mercado que xestionen e integren datos co grao de heteroxeneidade e complexidade previstos neste proxecto. Así mesmo, non existen solucións no mercado que inclúan na súa concepción o enlazamento masivo de información propia de administracións públicas ou permitan o grao de predición e simulación no longo prazo que neste proxecto se persegue.
h) Solucións de visualización avanzadas de datos 2D, 3D e con compoñente temporal e facetada para soportar mellor os datos enlazados.
i) Aumento da seguridade xurídica do todo o proceso mediante o uso de Blockchain ou tecnoloxías similares que garantan a rastrexabilidade dos distintos procesos e que outorguen unha maior transparencia a todo o proceso e garantía xurídica.
ANEXO II
Ficha de propostas de solucións innovadoras para o proxecto SICLE-CO2: solucións innovadoras para a compensación local de emisións de CO2
Esta ficha está á disposición dos interesados no perfil do contratante da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, e débese enviar, indicando o acrónimo da proposta no inicio do asunto do correo electrónico, ao enderezo cambio.climatico@xunta.gal
|
Datos básicos |
|||||||||
|
Nome da entidade participante |
|||||||||
|
Reto/s ao que se presenta proposta (marcar tantos como aplique) |
☐ Reto 1. Banco de parcelas público ☐ Reto 2. Plataforma de colaboración para o intercambio de compensacións ☐ Reto 3. Seguimento de proxectos de compensación ☐ Outro |
||||||||
|
Nome da proposta |
|||||||||
|
Acrónimo |
|||||||||
|
Datos da persoa representante |
|||||||||
|
Nome do interlocutor (ou representante da proposta en caso de proposta conxunta) |
|||||||||
|
Teléfono |
|||||||||
|
Correo electrónico |
|||||||||
|
Enderezo |
|||||||||
|
Datos do propoñente |
|||||||||
|
Persoa física |
☐ |
||||||||
|
Persoa xurídica |
☐ |
||||||||
|
Sector ou ámbito de actividade: |
|||||||||
|
Tipo de entidade |
☐ Autónomo ☐ Gran empresa privada ☐ Peme ☐ Empresa pública ☐ Centro de investigación ☐ Universidade ☐ Centro tecnolóxico ☐ Outro |
||||||||
|
Ano de constitución |
|||||||||
|
Proposta conxunta de varias persoas físicas o xurídicas Marque SI ou NON |
SI ☐ |
NON ☐ |
|||||||
|
Tamaño da súa entidade na actualidade (nº de persoas no cadro de persoal) |
|||||||||
|
Centros e principais recursos de I+D (persoais e materiais) na UE, España e resto do mundo: |
|||||||||
|
Facturación total da súa entidade nos últimos 3 exercicios (€) |
2019 |
2020 |
2021 |
||||||
|
Información adicional |
|||||||||
|
A súa entidade ten facturación de tecnoloxías similares ás desta proposta nos últimos 3 exercicios? responda SI ou NON |
SI ☐ |
NON ☐ |
|||||||
|
En caso de responder SI á pregunta anterior, diga cal foi a facturación acumulada de tecnoloxías similares ás desta proposta nos últimos 3 exercicios |
|||||||||
|
Considera que existen certificacións técnicas relevantes das que dispón a súa entidade para acometer retos como os que se expoñen? responda SI ou NON |
SI ☐ |
NON ☐ |
|||||||
|
En caso de responder SI á pregunta anterior, diga cales son esas certificacións (máx. 300 caracteres) |
|||||||||
|
Considera que o persoal da súa entidade ten cualificacións que son especificamente relevantes para acometer retos como os que se propoñen? responda SI ou NON |
SI ☐ |
NON ☐ |
|||||||
|
En caso de responder SI á pregunta anterior, diga cales son esas cualificacións (máx. 300 caracteres) |
|||||||||
|
Fixo investimentos en I+D nos últimos 3 exercicios? responda SI ou NON |
SI ☐ |
NON ☐ |
|||||||
|
En caso de responder SI á pregunta anterior, diga cal foi o importe dese investimento nos últimos 3 exercicios |
|||||||||
|
A súa entidade obtivo financiamento público de concorrencia competitiva para proxectos de I+D nalgún dos 3 últimos exercicios? responda SI ou NON |
SI ☐ |
NON ☐ |
|||||||
|
En caso de responder SI á pregunta anterior, diga que volume de financiamento deste tipo recibiu nos últimos 3 exercicios |
|||||||||
|
Descrición da proposta de solución |
|||||||||
|
Breve resumo da proposta de solución: especificación funcional (máximo 300 caracteres). Esta información poderá ser incorporada, total ou parcialmente, ao informe público de resultados |
|||||||||
|
Descrición da posible idea que poida satisfacer a necesidade formulada, descrita desde un enfoque funcional (máximo 1.000 palabras). Esta información poderá ser incorporada, total ou parcialmente ao informe público de resultados |
|||||||||
|
Considera que a súa proposta dá unha solución integral aos retos aos que se presenta proposta? |
SI ☐ |
NON ☐ |
|||||||
|
En caso responder NON, a que elementos concretos do/dos reto/s considera que dá solución a súa proposta? |
|||||||||
|
Duración estimada para a execución da proposta presentada (meses) |
|||||||||
|
Na medida do posible, detalle as fases e prazos para a execución da proposta presentada |
|||||||||
|
Custo estimado do desenvolvemento da súa solución-proposta (€): |
|||||||||
|
Beneficios achegados pola solución proposta para a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (aprox. 850 caracteres) |
|||||||||
|
Beneficios achegados pola solución proposta para outros axentes (máis aló da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático) (aprox. 850 caracteres) |
|||||||||
|
Elementos de innovación (novas tecnoloxías entregadas e solucións innovadoras) (aprox. 500 caracteres) |
|||||||||
|
Resultados de I+D: solucións innovadoras esperadas (aprox. 500 caracteres) |
|||||||||
|
Elementos diferenciadores da súa proposta fronte aos produtos e servizos que se atopan xa dispoñibles no mercado (aprox. 500 caracteres) |
|||||||||
|
Cales considera que son os principais riscos do proxecto? (aprox. 850 caracteres) |
|||||||||
|
Nivel de desenvolvemento actual no que se atopa a súa solución-proposta: indique o nivel de madureza tecnolóxica (TRL) en que se encontre: |
|||||||||
|
Describir o estado actual de madurez tecnolóxica da proposta e os diferentes elementos que a compoñen, e os desenvolvementos para realizar no marco do proxecto (aprox. 1000 caracteres) |
|||||||||
|
Necesidades tecnolóxicas a ter en conta para a aplicación da súa proposta (indicar exemplos) |
|||||||||
|
Despregamento |
|||||||||
|
Indique as regulacións e normativa asociada á necesidade formulada |
|||||||||
|
Considera que existe algunha limitación ou barreira específica para o despregamento do produto no mercado. Cal? |
|||||||||
|
Sobre os dereitos de propiedade intelectual e industrial (DPII), a priori e polas características da súa entidade, ten esta limitacións para compartir os DPII co organismo contratante? |
SI ☐ |
NON ☐ |
|||||||
|
En caso de responder SI, detalle as ditas limitacións. Así mesmo, expoña que DPII poderían ser compartidos e as condiciones necesarias para iso |
|||||||||
|
En caso de desenvolverse unha solución similar á recollida na súa proposta, estaría a súa entidade interesada na súa posterior comercialización? |
SI ☐ |
NON ☐ |
|||||||
|
En caso de responder SI á pregunta anterior, indique se a súa entidade tería inconvenientes en que se establecese un canon sobre as vendas futuras da solución proposta. Que porcentaxe das vendas considera que podería ser compartido co organismo contratante? |
|||||||||
|
Cales considera que son os principais riscos do proxecto?: |
|||||||||
|
Ten intención de presentarse a futuras licitacións relacionadas co reto? |
SI ☐ |
NON ☐ |
|||||||
|
Indique se existen dereitos de propiedade intelectual e industrial (DPII) preexistentes da entidade que sería necesario utilizar |
SI ☐ |
NON ☐ |
|||||||
|
En caso de responder SI, detalle que dereitos de propiedade intelectual e industrial (DPII) preexistentes da entidade sería necesario utilizar e que valor achegarían no desenvolvemento do proxecto |
|||||||||
|
Autorización de uso dos datos achegados (marque SI ou NON) |
|||||||||
|
SI |
NON |
||||||||
|
Autorizo a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático ao almacenaxe e difusión dos datos de contacto: |
☐ |
☐ |
|||||||
|
Autorizo a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático a manter accesible e actualizada a información necesaria, total ou parcial, sobre a proposta presentada: |
☐ |
☐ |
|||||||
|
Autorizo a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático a divulgar a información ou documentación técnica ou comercial que, de ser o caso, non sexa identificada como confidencial: |
☐ |
☐ |
|||||||
|
Declaracións obrigatorias (marque SI ou NON) |
|||||||||
|
SI |
NON |
||||||||
|
A proposta presentada está libre de patentes comerciais, copyright ou calquera outro dereito de autor ou empresarial que impida o seu libre uso por parte da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático ou de calquera outra empresa colaboradora no desenvolvemento de futuros proxectos. |
☐ |
☐ |
|||||||
|
Autorizo a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático ao uso dos contidos das propostas que se limitará exclusivamente á posible inclusión dos contidos no proceso de definición nas especificacións dun eventual procedemento de contratación a través dunha contratación pública de innovación. |
☐ |
☐ |
|||||||
|
Documentación adxunta achegada |
||
|
Nome do arquivo: |
Breve descrición: |
Confidencial* |
|
☐ |
||
|
☐ |
||
|
☐ |
||
|
☐ |
||
|
☐ |
||
|
☐ |
||
*Marcar no caso de que a documentación correspondente sexa confidencial.
En ……………………………………….., o ……… de …………………….. de ……
Sinatura
Asdo.: ………………………………….


