Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57479

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 177/2022, do 20 de outubro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Zas dos treitos das estradas AC-430 (p.q. 0+000 ao p.q. 0+170) e da AC-552 (p.q. 57+200 ao p.q. 58+440), xunto co seu dominio público viario.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra banda, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Zas solicita o cambio de titularidade dos treitos da AC-430 do p.q. 0+000 ao p.q. 0+180 e da AC-552 do p.q. 58+000 ao p.q. 58+440.

O treito da AC-430 entre o p.q. 0+000 e o p.q. 0+170 e o treito da AC-552 entre o p.q. 57+200 e o p.q. 58+440 están categorizados funcionalmente polo Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia (Raega) como rede local. Discorren polo núcleo de Baio na súa totalidade e por solo clasificado como urbano polo instrumento de planeamento urbanístico vixente no Concello de Zas. Teñen un marcado carácter local e urbano, sen funcionalidade dentro da Raega. Ademais, a estrada AG-55, xunto coa VG-1.5, constitúen unha alternativa viaria ao treito da estrada AC-552 que atravesa o núcleo de Baio.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se definen no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de outubro de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Zas dos seguintes treitos das estradas AC-430 e AC-552, xunto co seu dominio público viario:

Clave

Treito para transferir

p.q.i

Coordenadas UTM

(ETRS89 fuso 29)

p.q.f

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29)

AC-430

Baio (AC-552)-Baio

0+000

x= 502.795

y= 4.777.284

0+170

X=502.816

y=4.777.446

AC-552

Baio (AC-404)-Baio (límite termo municipal con Vimianzo)

57+200

x= 503.807

y=4.777.551

58+440

x=502.768

y=4.777.242

Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de reflectir este cambio de titularidade corrixindo a nomenclatura, datos e xeometría das estradas AC-430 e AC-552, que quedarían da seguinte forma:

Clave

Denominación

Treito

p.q.i

p.q.f

Lonx. treito (km)

Lonx. total (km)

Categoría funcional

Clase de estrada

Provincia

AC-430

Baio-As Grelas (AC-429)

Baio-As Grelas (AC-429)

0+170

8+080

7,91

7,91

Local

Estrada convencional

A Coruña

AC-552

A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550)

A Coruña (A Grela)-Bértoa

0+000

29+420

29,42

88,97

Estruturante

Estrada convencional

A Coruña

AC-552

A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550)

Bértoa-Carballo

29+420

31+000

1,58

88,97

Local

Estrada convencional

A Coruña

AC-552

A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550)

Carballo-Baio leste (AG-55)

31+900

56+460

24,56

88,97

Local

Estrada convencional

A Coruña

AC-552

A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550)

Baio leste (AG-55)-Baio (AC-404)

56+460

57+200

0,74

88,97

Complementaria

Estrada convencional

A Coruña

AC-552

A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550)

Baio (L.T.M. Vimianzo)-Santa Irena (VG-1.5)

58+440

60+440

1,96

88,97

Local

Estrada convencional

A Coruña

AC-552

A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550)

Santa Irena (VG-1.5)-Cee (AC-550)

60+400

91+110

30,71

88,97

Estruturante

Estrada convencional

A Coruña

O documento do Catálogo e as súas modificacións posteriores poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Zas, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos treitos transferidos, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular, con excepción da conservación da ponte sobre o río Grande, que lle corresponderá á Axencia Galega de Infraestruturas ata que se formalice, de ser o caso, o cambio de titularidade da parte correspondente da ponte a favor do Concello de Vimianzo.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de outubro de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade