Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 14 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, polo que se acorda o alleamento, polo procedemento de poxa pública, dun ben inmoble situado no concello de Vilalba.

Ás 11.00 do 19 de decembro de 2022 terá lugar na sala de prensa, 2º andar, do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo (rolda da Muralla, núm. 71), perante a mesa presidida polo secretario xeral técnico e do Patrimonio, ou persoa en quen delegue, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención Xeral e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a poxa pública do ben inmoble patrimonial da Comunidade Autónoma de Galicia que de seguido se describe, e cuxo alleamento foi acordado en cuarta poxa pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 14 de outubro de 2022.

Parcela de 32.935 m2, situada no concello de Vilalba, que se corresponde co núm. 299 do polígono 3 do catastro co nome de Pegos. Estrema: norte coas parcelas núm. 297, titularidade de Lidia Pedreira Pico, e núm. 296 e 300, titularidade de Olegario Verdes Pico; sur con camiño; leste coas parcelas núm. 296 e 300, titularidade de Olegario Verdes Pico; oeste con camiño. Referencias catastrais: 27065B003002990000IA e 001900700PH19D0001YQ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilalba como predio 21.143, folio 201, libro 194, tomo 431. Esta parcela contén unha edificación non habitable, sen inscribir, cunha superficie total de 110 m2 divididos en dous andares.

Tipo de licitación: 20.000,00 €.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán por conta do adxudicatario os custos do anuncio, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe este alleamento está á disposición das persoas interesadas na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública:

https://www.conselleriadefacenda.gal/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/poxas/vendas

Teléfonos de información: 981 54 41 51-981 95 78 11.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio da Consellería
de Facenda e Administración Pública