Mediante a Resolución reitoral do 11 de novembro de 2021 (DOG do 24 de novembro e BOE do 23 de febreiro de 2022) convocáronse probas selectivas para cubrir sete prazas na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, subgrupo A2, dúas pola quenda de promoción interna e cinco pola quenda de acceso libre.
Mediante a Resolución reitoral do 12 de maio de 2022 (DOG do 24 de maio) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.
Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio, para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 21 de decembro de 2022 ás 10.00 horas, nas aulas 1 e 2 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, campus Norte (avenida do Burgo, s/n, Santiago de Compostela).
A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2022
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela


