Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57604

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO referente á convocatoria para prover unha praza de encargado de obras.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 190, do 5 de outubro de 2022, publicouse o anuncio relativo ás bases, así como a convocatoria que rexerá o seguinte procedemento de selección:

Persoal: laboral fixo. Grupo: grupo IV. Denominación: encargado de obras. Nivel: 18. Vacantes: 1. Forma de provisión: concurso-oposición. Quenda: libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello, sen prexuízo da posibilidade de que sexan obxecto de publicación na web do Concello de Oroso para os efectos de lograr unha maior difusión.

Oroso, 6 de outubro de 2022

Luis Rey Villaverde
Alcalde