Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2022 Páx. 57715

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 24 de outubro de 2022 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 2 de agosto de 2022.

Mediante a Orde do 2 de agosto de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia número 153, do 11 de agosto de 2022, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro

Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, convocado pola Orde do 2 de agosto de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 153, do 11 de agosto).

Segundo

Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro

O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.

O persoal funcionario de carreira que incumpra os prazos de toma de posesión será declarado de oficio na situación de excedencia voluntaria por interese particular.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto

O/a xefe/a do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2022

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Apelidos e nome: Presas Veiga, Héctor.

NRP: 4690383235 A205J.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: Xefatura da Área de Planificación, Innovación e Seguridade Viaria.

Código do posto de traballo: IV.A10.00.002.15770.001.

Centro directivo: Axencia Galega de Infraestruturas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: ESE1-especial, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de Camiños, Canles e Portos.

Grupo: A1.

Nivel: 30.

Complemento específico: 23.486,68 euros.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.)