Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2022 Páx. 57834

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO de aprobación da convocatoria e das bases do proceso selectivo de auxiliar administrativo.

No Boletín Oficial da provincia núm. 198, do 19 de outubro de 2022, publicáronse integramente a convocatoria e as bases que rexerán a convocatoria da praza de funcionario/a de carreira pertencente ao grupo C, subgrupo C2, encadrada na escala de Administración xeral, subescala de auxiliar, baixo a denominación auxiliar administrativo.

No Boletín Oficial da provincia núm. 201, do 24 de outubro de 2022, publicouse a corrección dun erro nas bases deste proceso selectivo.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte (20) días naturais que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, tal e como recollen as bases do proceso.

Os anuncios sucesivos inseriranse tan só no BOP e no taboleiro electrónico de anuncios e páxina web do Concello, conforme o establecido nas bases.

Porto do Son, 24 de outubro de 2022

José Luis Oujo Pouso
Alcalde