Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2022 Páx. 57836

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamarín

ANUNCIO de convocatoria de selección de persoal, mediante concurso, para cubrir seis prazas de auxiliar do servizo de axuda no fogar.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 11 de outubro de 2022, aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección de persoal, mediante concurso, de seis prazas de traballador/a para o posto de auxiliar do servizo de axuda no fogar do Concello de Vilamarín, persoal laboral fixo, acollido ao proceso de estabilización do emprego temporal deste concello. Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No taboleiro de anuncios e na sede electrónica deste concello: vilamarin.sedelectronica.es aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria e o proceso de selección.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse na sede electrónica deste concello: vilamarin.sedelectronica.es e no taboleiro de anuncios, para maior difusión.

Vilamarín, 11 de outubro de 2022

Amador Vázquez Vázquez
Alcalde presidente