Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2022 Páx. 57998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 18 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, polo que se dá publicidade da apertura do prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada, en favor da Comunidade Autónoma de Galicia, de Aureo Rodríguez Castro.

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilalba, por auto ditado o 1 de decembro de 2009, declarou a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira universal de Aureo Rodríguez Castro (DNI 33847444T), veciño do concello de Vilalba, falecido o 30 de xaneiro de 2004.

Segundo o artigo 153.2 da Lei 4/1995, do 24 de maio, do dereito civil de Galicia, aplicable a esta sucesión segundo a disposición transitoria segunda da Lei 2/2006, do 14 de xuño, do dereito civil de Galicia, os ditos bens serán destinados a establecementos de asistencia social ou a institucións de cultura, preferentemente radicados na última residencia habitual do causante e, en todo caso, en territorio galego.

Aos anteriores efectos, establécese no artigo 10 do Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, trámite de información pública polo que se publicará un anuncio no Diario Oficial de Galicia para que os posibles beneficiarios dos bens da herdanza formulen alegacións.

Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 4 e 7 do Decreto 113/2022, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, anuncio:

A apertura de trámite de información pública por prazo dun mes, para que os posibles beneficiarios dos bens e dereitos procedentes da sucesión intestada de Aureo Rodríguez Castro, falecido o 30 de xaneiro de 2004, presenten as alegacións que consideren pertinentes perante a Consellería de Facenda e Administración Pública, dirixidas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código de expediente ABA/2010/0002, Edificio Administrativo San Caetano, bloque núm. 3, 15781 Santiago de Compostela.

Contra este acto non se poderá interpoñer recurso, conforme o establecido no artigo 112 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as alegacións de oposición a este trámite sexan consideradas na resolución pola que se aprobe a conta xeral de liquidación e distribución do caudal hereditario da herdanza, contra a que se poderá presentar en tempo e forma o correspondente recurso.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio