Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2022 Páx. 58041

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Manuel Ventura Figueroa

ANUNCIO do 21 de outubro de 2022 polo que se fai pública a convocatoria de axudas ao estudo para o curso académico 2022/23.

Ao presidente da Fundación Manuel Ventura Figueroa, en virtude da delegación efectuada polos membros do Padroado na súa reunión do día 21 de xullo de 2022, correspóndelle aprobar a convocatoria das axudas ao estudo para o curso académico 2022/23, con suxeición ás bases da convocatoria, cuxo texto se pode consultar na seguinte páxina web (https://sites.google.com/site/fundacionmvfigueroaes/home).

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes no lugar e durante o prazo establecido na convocatoria, mediante o modelo que figura como anexo dela.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2022

Román Rodríguez González
Presidente do Padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa