Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2022 Páx. 57986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/201-4).

Expediente: IN407A 2022/201-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución da LMTS TRO705, 704, 707 na travesía de Vigo.

Concello: Vigo.

Feitos:

Primeiro. O 10 de maio de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica de substitución da LMTS TRO705, 704, 707 na travesía de Vigo.

Unha vez examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste nas seguintes actuacións previstas na travesía de Vigo e na zona da vía Norte, no concello de Vigo:

– Un novo trazado de 191 metros da liña de media tensión subterránea TRO707, que deixa sen servizo os tramos TRO7070734, TRO7070740 e TRO7070746.

– Un novo trazado de 127 metros da liña de media tensión subterránea TRO705, que deixa sen servizo o tramo TRO7050436.

– Un novo trazado de 127 metros da liña de media tensión subterránea TRO704, que deixa sen servizo o tramo TRO7040715.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo e o Servizo do Patrimonio Cultural.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade coas condicións emitido polo Concello de Vigo. O Servizo do Patrimonio Cultural manifestou que non existe impedimento desde o punto de vista do patrimonio.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación a este expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a continuación se describen:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ, en cinco actuacións:

– De 127 metros de lonxitude, con orixe na LMTS TRO7070736 e final na LMTS TRO7070750.

– De 32 metros de lonxitude, con orixe na LMTS TRO7070750 e final no centro seccionamento Clínica Fátima (36CAA0).

– De 32 metros de lonxitude, con orixe no centro de seccionamento Clínica Fátima (36CAA0) e final na LMTS TRO7070745.

– De 127 metros de lonxitude, con orixe na LMTS TRO7050436 e final na LMTS TRO7050436.

– De 127 metros de lonxitude, con orixe na LMTS TRO7040715 e final na LMTS TRO7040715.

A instalación está situada na travesía de Vigo e na zona da Vía Norte, no concello de Vigo (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica da substitución da LMTS TRO705, 704, 707 na travesía de Vigo (expediente IN407A 2022/201-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 11 de outubro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra