Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2022 Páx. 58226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 19 de outubro de 2022 polo que se sinalan as datas e se citan os interesados para o levantamento das actas de pagamento complementarias, derivadas das resolucións do Xurado de Expropiación de Galicia, respecto dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa, por taxación conxunta, que se precisan ocupar para a execución do polígono número 3 do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo).

Por resolucións do Xurado de Expropiación de Galicia do 6 de outubro de 2022, establecéronse prezos xustos expropiatorios definitivos en vía administrativa respecto dos predios afectados polo expediente de expropiación forzosa para a execución do polígono número 3 do Plan parcial de San Paio de Navia -cuxos propietarios, en tempo e forma, presentaron as oportunas oposicións ao prezo xusto fixado-, modificativos dos prezos xustos establecidos pola Administración expropiante mediante Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, do 26 de novembro de 2021, pola que se aprobou definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número tres do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo), promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, en calidade de Administración expropiante e beneficiaria da expropiación, conforme o previsto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

En concordancia co practicado no expediente expropiatorio, non se procederá neste acto ao pagamento dos incrementos do prezo xusto sobre predios nos que, na data desta resolución, conste consignado o prezo xusto establecido pola Administración expropiante mediante a Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do 26 de novembro de 2021, e procederase a automática consignación destes incrementos, sen prexuízo de que o interesado nese acto ou noutro posterior poida solicitar o levantamento de consignación e o pagamento íntegro do prezo xusto cos xuros legais correspondentes.

A causa de todo o exposto, confeccionouse unha listaxe dos predios incluídos no presente procedemento de pagamento dos incrementos do prezo xusto establecidos polo Xurado de Expropiación de Galicia, tal e como se recolle no anexo, no cal, ademais, se reflicten as datas, as horas e o lugar no que se levantará a oportuna acta de pagamento complementaria.

Ademais dos incrementos establecidos polo Xurado de Expropiación respecto do prezo xusto fixado para cada predio, procederase ao pagamento dos xuros producidos ata a data prevista para o pagamento destas cantidades, calculado desde o día seguinte ao do levantamento das actas de pagamento e ocupación, conforme os xuros legalmente establecidos, sen ningunha variación en caso de atraso no pagamento imputable ao interesado.

Para proceder ao levantamento destas actas complementarias, deberán asistir todos os titulares persoalmente, ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, con poder suficiente. No caso de que sexan varios titulares é necesario a comparecencia de todos eles por si ou debidamente representados con poder suficiente.

Para os casos de sucesión dos dereitos derivados do expediente expropiatorio, ademais, achegarán documentos suficientes acreditativos da sucesión alegada e da lexitimidade da persoa interesada para o cobramento das cantidades en cuestión (certificado de defunción, actos de última vontade, liquidación do imposto de sucesións, testamento, operacións particionais, etc.).

No suposto de que por calquera motivo imputable ao interesado non se formalice o pagamento na data sinalada procederase a consignación da cantidade fixada polo Xurado de Expropiación máis os xuros legais xerados ata a referida data.

En consecuencia, acórdase convocar e citar os titulares dos predios sinalados no anexo para proceder ao levantamento das actas de pagamento complementarias derivadas das resolucións do Xurado de Expropiación de Galicia, respecto dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución do polígono número tres do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo), o día 14 de decembro de 2022, nas horas e lugar especificados no anexo.

ANEXO

Núm.exped.

Titular para pagamento da liquidación

Data pagamento

Hora pagamento

Lugar

333-1

Carril Comesaña, Roberto; Carril Comesaña, Joaquín e Comesaña Pardellas, Amalia Isabel

14.12.2022

10.00

Edificio Administrativo Xunta (Vigo)

334

Iglesias Barreiro, José Manuel e Iglesias Barreiro, Dolores

14.12.2022

10.20

Edificio Administrativo Xunta (Vigo)

348

González Rodríguez, Antonio e Monroy Álvarez, María Mercedes

14.12.2022

10.40

Edificio Administrativo Xunta (Vigo)

358

González Álvarez, José Miguel

14.12.2022

11.00

Edificio Administrativo Xunta (Vigo)

358-AR

Barral Pío, Fernando Alfonso

14.12.2022

11.20

Edificio Administrativo Xunta (Vigo)

359-1

Álvarez Fernández, Filomena; Fernández Álvarez, Filomena, José e Francisco Antonio

14.12.2022

11.40

Edificio Administrativo Xunta (Vigo)

376

Prado Costas, María Isabel

14.12.2022

12.00

Edificio Administrativo Xunta (Vigo)

384

Villa González, Vanessa

14.12.2022

12.20

Edificio Administrativo Xunta (Vigo)

390

García Morales, Aida; Seijas García, María Encarnación; García Alonso, María Reina; Seijas García, Manuel Avelino; García Alonso, María Teresa

14.12.2022

12.40

Edificio Administrativo Xunta (Vigo)

393

Bautista Araújo, María del Carmen; Iglesias Pires Roi e Brais; Iglesias Araújo, Francisco e María Asunción; Iglesias Baptista, Ana Belén

14.12.2022

13.00

Edificio Administrativo Xunta (Vigo)

402

Alonso Vidal, María del Carmen

14.12.2022

13.20

Edificio Administrativo Xunta (Vigo)

417

Bautista Araújo, María del Carmen; Iglesias Pires Roi e Brais; Iglesias Araújo, Francisco e María Asunción; Iglesias Baptista, Ana Belén

14.12.2022

13.40

Edificio Administrativo Xunta (Vigo)

418

Bautista Araújo, María del Carmen; Iglesias Pires Roi e Brais; Iglesias Araújo, Francisco e María Asunción; Iglesias Baptista, Ana Belén

14.12.2022

14.00

Edificio Administrativo Xunta (Vigo)

422

Ferreiro García, María Concepción

14.12.2022

14.00

Edificio Administrativo Xunta (Vigo)

Co fin de que os actos derivados dos procedementos expropiatorios se realicen de acordo coas medidas preventivas do risco de contaxio ante a situación provocada polo coronavirus COVID-19, serán aplicables as medidas de prevención vixentes na data de realización dos actos convocados no presente anuncio.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello de Vigo e nun xornal dos de maior circulación da provincia. Así mesmo, publicarase un anuncio no Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación aos interesados descoñecidos, dos cales se ignore o lugar de notificación ou aos que, intentada a notificación, non se puidese practicar, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Asemade, notificaráselles individualmente aos titulares dos predios que figuran na lista do anexo, con indicación a cada un deles da data, da hora e do lugar en que se procederá o levantamento da acta de pagamento complementaria, así como das cantidades totais que se aboarán en cada caso, tanto en concepto de principal coma de xuros.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo