De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 19 de outubro de 2022, do proxecto de plantación de eucaliptos de 543 hectáreas, en varias parcelas, nas parroquias de Espiñaredo, Goente, Seoane, As Pontes de García Rodríguez e Vilavella, no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), promovido por Plafor, S.A.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2022
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático