A Orde do 23 de maio de 2022 (DOG núm. 102, do 30 de maio) pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22 establece, no seu artigo 15.2, que a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional elevará a proposta feita polo tribunal á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional viuse afectada pola reestruturación establecida no artigo 6 do Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Unha vez realizada a proba, publicada a acta provisional coas puntuacións obtidas polo alumnado, resoltas as reclamacións presentadas, e vistas a acta coa proposta do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22 e a correspondente proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios
DISPOÑO:
Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22, ao alumnado que figura no anexo desta orde.
Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por delegación de competencia establecida na Orde do 29 de xullo de 2022 (DOG núm. 151, do 9 de agosto), no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2022
O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades
ANEXO
Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021-2022
Nº inscrición |
Apelidos e nome |
Cód. centro |
Centro educativo |
Importe (€) |
2272001312 |
Bernárdez Riopedre, Rosalía |
27016704 |
IES Leiras Pulpeiro |
1.000 |
2229001258 |
Bouzas Rodríguez, Miguel |
36019268 |
IES Gonzalo Torrente Ballester |
1.000 |
2268001498 |
Cabo Iglesias, Alejandro |
36009925 |
CPR Plurilingüe Amor de Dios |
1.000 |
2231001573 |
Cambeiro Pérez, Ariadna |
15015548 |
CPR Plurilingüe Divino Maestro |
1.000 |
2228001467 |
Castelló López, Guillermo |
15015755 |
IES Plurilingüe Rosalía de Castro |
1.000 |
2220001402 |
Castrillo Sánchez, Lucía |
36024987 |
IES de Soutomaior |
1.000 |
2268001162 |
Castro Díaz, Iria |
27006531 |
IES Lucus Augusti |
1.000 |
2274001329 |
Cruz Bello, Juan |
15015561 |
CPR Manuel Peleteiro |
1.000 |
2205001216 |
Fariña Outeiro, Daniel |
15008301 |
IES Urbano Lugrís |
1.000 |
2262001320 |
Freire Fernández, Raquel |
32009190 |
IES As Lagoas |
1.000 |
2279001201 |
Freire González, Martín |
36015159 |
IES Chan do Monte |
1.000 |
2280001230 |
Lago García, Carlota |
15004642 |
CPR Plurilingüe Santa María del Mar |
1.000 |
2277001297 |
Lago Leis, Andrés |
15015561 |
CPR Manuel Peleteiro |
1.000 |
2237001168 |
Martínez Diz-Lois, Sofía |
15005221 |
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda |
1.000 |
2264001188 |
Méndez Núñez, Julia |
27006531 |
IES Lucus Augusti |
1.000 |
2236001251 |
Prieto Carreira, Paula |
32008410 |
CPR Plurilingüe Santo Ángel |
1.000 |
2243001507 |
Rodríguez González, Marta |
15005211 |
IES Salvador de Madariaga |
1.000 |
2245001342 |
Teo Rey, Martín |
15015561 |
CPR Manuel Peleteiro |
1.000 |
2298001365 |
Touriño Alonso, Rubén |
15015561 |
CPR Manuel Peleteiro |
1.000 |
2221001508 |
Villar García, Isabel |
15015561 |
CPR Manuel Peleteiro |
1.000 |