Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 31 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se someten ao trámite de información pública o proxecto de trazado de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas VG-4.3, AG-41 e PO-305, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave PO/22/117.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 31 de outubro de 2022, realizouse a aprobación técnica previa do trazado do proxecto de mobilidade sostible de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas VG-4.3, AG-41 e PO-305, de clave PO/22/117.06, nos municipios de Vilagarcía de Arousa, Ribadumia e Caldas de Reis (Pontevedra), que se tramitará segundo o disposto nos artigos 19 e seguintes da Lei 18/2021, de 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas VG-4.3, AG-41 e PO-305, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave PO/22/117.06, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Segundo. Someter ao tramite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos cales se deba considerar preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º, 36071 Pontevedra) e nas casas dos concellos de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1, 36000), Ribadumia (avenida de Ribadumia, 3, 36636) e Caldas de Reis (rúa Ferrería, 1, 36650).

Así mesmo, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/outros-expedientes, a seguinte documentación:

• A documentación íntegra do proxecto.

• Un extracto do documento, cos obxectivos, localización e descrición da actuación.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2022

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación
de zonas de baixas emisións nas cidades galegas VG-4.3, AG-41 e PO-305

Clave: PO/22/117.06

Referencia catastral

Políg.

Parc.

Subparcela

Propietario/s

DNI

Exprop.
(m2)

Clasificación urbanística

Sit. básica

do solo

Uso
do solo

Bens

afectados

Concello de Vilagarcía de Arousa

1

36060A040003950000GO

40

395

En investigación

---

96,00

Rústico común

Rural

Matogueira

Concello de Ribadumia

2

36046F504005890001XX

504

589

a

Peiteado Varela, Ramona

***4401**

1.166,00

Núcleo rural sen categorizar

Urbanizado

Prado regadío

140 ml de valado metálico

2

36046F504005890000ZZ

504

589

b

Peiteado Varela, Ramona

***4401**

2.597,00

Rústico de especial protección de infraestruturas

Rural

Prado regadío

Concello de Caldas de Reis

3

36005B516017900000ZD

516

1790

Cascallar Baltar, Francisco

***7364**

1.811,00

Rústico de especial protección de infraestruturas e protección agropecuaria

Rural

Labor secaño

4

36005B516017890000ZI

516

1789

Quintela Gómez, María Teresa

***6811**

1.285,00

Rústico de especial protección agropecuaria

Rural

Labor secaño

5

36005B516017880000ZX

516

1788

Ferreiro Magariños, Serafín

***4509**

780,00

Rústico de especial protección de infraestruturas e protección agropecuaria

Rural

Prado

6

36005B516017910000ZX

516

1791

Eirea Pena, María del Carmen

***4431**

359,00

Rústico de especial protección de infraestruturas e protección agropecuaria

Rural

Labor secaño