Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castro Caldelas (expediente IN407A 2022/146-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Xosé López Seoane, colexiado núm. 2745 do ICOIIG e con visado núm. 20222550 do 29.8.2022 do sinalado colexio profesional.

Solicitante: Eléctrica de Castro Caldelas, S.L.; CIF: B15639727.

Enderezo: rúa Galera, núm. 1,15003 A Coruña.

Denominación: centro de seccionamento (CS) Centro-Castro Caldelas.

Situación: Castro Caldelas (Ourense).

Orzamento: 28.598,07 € de execución material.

Características técnicas:

• CS Centro situado na planta superior do CT centro-matrícula CCC001, con 4 celas de liña de illamento e corte en SF6, motorizadas: LMTA Ppal. Picoutos; LMTS Deriv. a Urb. Conde Oleiros; LMTS Deriv. av. Ourense 53; LMTS Deriv. Centro, e 1 cela para CT centro. Situación: CS Centro-Castro Caldelas. Coordenadas UTM X: 630.285; Y: 4.692.492.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente. O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 7 de outubro de 2022

A xefa territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 116/2022, artigo 41.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria