Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 27 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Meirama, denominado para os efectos de tramitación Meirama (76), nos concellos de Cerceda e A Laracha (A Coruña) (expediente IN408A 2020/076).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Green Stone Renewable IV, S.L., CIF: B-56111420.

Domicilio social: avenida del Brillante, nº 32, 14012 Córdoba, España.

Enderezo para os efectos de notificacións: r/ Del Monte Esquinza, nº 24, 5º esq., 28010 Madrid.

Denominación do proxecto: PE Meirama (IN408A 2020/76).

Denominado para os efectos de tramitación Meirama (76).

Concellos afectados: Cerceda e A Laracha (A Coruña).

Potencia máxima do parque: 21 MW.

Núm. aeroxeradores que se van instalar: 4 × 3,45 MW + 2 × 3,6 MW de potencia nominal unitaria.

Produción neta: 75.879,7 Mwh/ano.

Orzamento de execución material: 27.421.492,67 €.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico

ADE

ADE I-9-4 Pedrouzos e ADE I-9-5 Pico Cedeira

Vértice poligonal

Parque eólico

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

1

541.024,89

4.781.322,71

2

536.859,35

4.783.918,93

3

537.746,14

4.785.248,56

4

539.431,62

4.785.111,04

5

540.413,70

4.786.382,61

6

542.501,92

4.785.903,99

7

543.652,90

4.784.611,99

Aeroxerador

Parque eólico

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

ME-01

542.024,00

4.784.182,00

ME-02

540.473,00

4.783.843,00

ME-03

540.847,00

4.783.279,00

ME-04

539.123,00

4.783.455,00

ME-05

539.850,00

4.782.935,00

ME-06

540.693,00

4.783.553,00

Torre de medición

Parque eólico

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

TM

540.744

4.783.432

Centro de seccionamento
e control

Parque eólico

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

1

539.956,00

4.783.211,00

2

539.962,00

4.783.206,00

3

539.954,00

4.783.198,00

4

539.949,00

4.783.203,00

Transformador situado
na SET Meirama

Parque eólico

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

Envolvente

548.082,38

4.779.586,72

548.087,63

4.779.587,01

548.088,69

4.779.567,61

548.083,44

4.779.567,32

Características técnicas das instalacións:

– 4 aeroxeradores modelo Vestas V136 de 3,45 MW, 2 aeroxeradores de 3,6 MW Class IIIA ou semellante. Os aeroxeradores teñen unha altura de buxa de 132 m e un diámetro de rotor de 136 m.

– 6 centros de transformación tipo seco e illados mediante resina epoxi, de relación de transformación 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas de seccionamento, protección e remonte.

– Rede eléctrica soterrada de 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento do parque, composta por 3 circuítos con condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV de seccións 95, 150, 240 mm2 de aluminio.

– Rede de terras xeral de modo que as instalacións electromecánicas do parque formen un conxunto equipotencial. A rede de terras dos aeroxeradores será un condutor de Cu-50 mm2 e do centro de seccionamento de Cu-150 mm2.

– Rede de comunicacións constituída por condutor de fibra óptica.

– Unha torre de medición de 130 m.

– Centro de seccionamento de 30 kV, que recollerá a enerxía xerada no parque e a evacuará mediante unha liña aérea de 30 kV, e recollerá datos para monitorización e control do parque.

• Ao centro chegarán dous circuítos da rede soterrada de 30 kV; estas liñas conectaranse en paralelo ao embarrado de media tensión.

• Os equipamentos auxiliares alimentaranse desde un transformador de servizos auxiliares de 50 kVA conectado a barras de media tensión.

• Instalaranse celas con envolvente metálica coa seguinte configuración:

1 cela de medida.

4 celas de liña (3 entrada e 1 saída).

– Circuíto 1: 6,90 MW.

– Circuíto 2: 7,20 MW.

– Circuíto 3: 6,90 MW.

1 cela de transformador de servizos auxiliares.

O esquema utilizado en media tensión é de simple barra, disposto en celas de interior, nas cales se conectarán as liñas de media tensión dos aeroxeradores e o transformador de servizos auxiliares. Todas as posicións irán dotadas de interruptor, transformadores de intensidade e seccionador de illamento de barra con posta á terra, así como dos elementos de manobra, medida e protección precisos para unha operación segura.

• O centro de control e seccionamento contará cun edificio que disporá das seguintes salas: unha sala independente para as celas de media tensión con illamento sólido ou en SF6 e transformador de servizos auxiliares, unha sala de equipamento para as instalacións de servizos auxiliares, mando, medida, proteccións, control e comunicacións do centro de control, unha sala para os equipamentos de control eólico do parque, vestiarios, unha sala para grupo electróxeno, un almacén.

– Co fin de evacuar a enerxía xerada no parque eólico proxéctase unha liña de alta tensión (LAT) de 30 kV, de 11.957,34 km de lonxitude, con inicio no centro de seccionamento do parque Meirama (76) e fin na subestación Meirama 30/220 kV, con número de expediente IN408A 2018/27, de Naturgy Renovables, S.L.U. (formarán parte do presente proxecto as infraestruturas eléctricas complementarias ao proxecto de Naturgy Renovables, S.L.U.).

– A LAT obxecto da presente tramitación componse dos seguintes tramos:

• Tramo 1: primeiro tramo soterrado, que ten orixe no centro de seccionamento Meirama (76) (situado nas coordenadas ETRS89: x= 539.960 e y= 4.783.199) e fin no apoio nº 1 (situado nas coordenadas ETRS89: x= 539.971 e y= 4.783.194) de 0,020 km de lonxitude e tipo de condutor RHZ1 2×(3×1×400 mm2) de 30 kV.

• Tramo 2: tramo aéreo que ten orixe no apoio nº 1 e fin no apoio nº 39 (situado nas coordenadas ETRS89: x= 543.725 e y= 4.779.506) de 6.759 km de lonxitude e condutor do tipo LA-280 de 30 kV. Proxéctanse 39 apoios.

• Tramo 3: tramo soterrado que parte do apoio nº 39 e finaliza no apoio nº 40/V37 (situado nas coordenadas ETRS89: x= 544.106 e y= 4.779.742) de 0,539 km de lonxitude e tipo de condutor RHZ1 2×(3×1×400 mm²) de 30 kV.

• Tramo 4: tramo aéreo con orixe no apoio nº 40/v37 e fin no apoio nº 73 (situado nas coordenadas ETRS89: x= 548.074 e y= 4.780.096) de 5.197 km de lonxitude e condutor do tipo LA-280 de 30 kV. Proxéctanse 34 apoios.

• Tramo 5: tramo soterrado que parte do apoio nº 73 e finaliza na SET Meirama (situado nas coordenadas ETRS89: x= 548.038 y= 4.779.574) de 0,780 km de lonxitude e tipo de condutor RHZ1 2×(3×1×400 mm2) de 30 kV.

A configuración dos tramos aéreos é de simple circuíto, en disposición triangular, con condutor LA-280 e cable de garda de fibra óptica tipo OPGW. A posta á terra dos apoios será de cobre de 50 mm2.

Os tramos soterrados levan dúas ternas de cables tipo RHZ1 (3×1×400) mm2 Al enterrados en gabia, en disposición triangular, cable de comunicacións PKP e conexión de pantallas Single Point.

– O obxecto do presente expediente son as infraestruturas eléctricas complementarias para a conexión do PE Meirama (76) 21 MW á subestación (SET) Meirama 30/220 kV, con número de expediente IN408A 2018/27, de Naturgy Renovables, S.L.U.

• Para o sistema de 220 kV establecerase un esquema dunha posición liña-trafo en intemperie composto por unha posición de transformación. A posición está equipada cos elementos de manobra, medida e protección precisos. O transformador de potencia será trifásico con relación de transformación 30/220 kV e potencia 24 MVA ONAN, con regulación en carga, instalación intemperie, illamento e arrefriamento con aceite.

• A aparellaxe da posición de liña: tres (3) transformadores de intensidade, un (1) interruptor automático tripolar de corte en intemperie, tres (3) seccionadores de columnas sen posta á terra, tres (3) transformadores de tensión indutivos para medida e protección, tres (3) pararraios tipo autoválvula en 220 kV.

• Transformador de servizos auxiliares 220/0,4 kV e grupo de conexión Dyn 11.

• A posta á terra da instalación estará dotada dunha malla de terra enterrada a 0,80 m de profundidade. Todos os elementos metálicos estarán conectados á malla de terras inferior mediante parafusos e grampas especiais de aliaxe de cobre; usaranse soldaduras aluminotérmicas Cadweld.

– Desde a SET Meirama 30/220 kV evacuarase a enerxía conxuntamente ata a subestación Meirama de Red Eléctrica de España (REE) de 220 kV. Nin a liña de evacuación nin a subestación forman parte do presente proxecto.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (setembro 2022-asinado 6.9.2022).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (xaneiro 2022-asinado 19.10.2022).

3. O proxecto de interese autonómico (setembro 2022-visado 4.10.2022).

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral, para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como na casa dos concellos de Cerceda e A Laracha (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 27 de outubro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña