Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58465

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 24 e 27 de outubro e 3 de novembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de xullo de 2022 (DOG núm. 142, do 27 de xullo) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), con corrección de erros no DOG núm. 28, do 10 de febreiro, e no DOG núm. 33, do 17 de febreiro,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.3.7, á vista das reclamacións presentadas, anular as preguntas número 10 e número 32, pasando a ocupar o seu lugar respectivamente as preguntas de reserva 121 e 122. Ademais, acórdase modificar no modelo de respostas publicado a resposta á pregunta 98, de xeito que a resposta correcta a esta pregunta pasa a ser a opción d). Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 e coa Resolución deste tribunal do 6 de outubro de 2022, superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións ata completar o número máximo de 64 persoas, sempre e cando, efectuados os descontos que correspondan, respondesen correctamente un mínimo de 40 preguntas na primeira parte do exercicio (parte teórica) e un mínimo de 20 preguntas na segunda parte do exercicio (parte práctica).

O exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 30 puntos. Os 30 puntos virán determinados pola nota de corte da persoa que ocupe o posto 64 das mellores puntuacións, sempre e cando, efectuados os descontos, obtivese o mínimo de respostas correctas anteriormente sinalado. O resto de persoas que superen esta nota de corte terán unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos proporcionais ao número de respostas acertadas e, do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes que non superen este exercicio.

De darse o caso de que as persoas con mellores puntuacións que acaden o mínimo do 50 % de respostas correctas en cada parte non alcancen as 64 persoas aspirantes, rebaixarase o mínimo exixido a un 40 % ata completar o máximo de 64 persoas, sempre e cando, neste caso, efectuados os descontos correspondentes, teñan un mínimo de 32 respostas correctas na primeira parte do exercicio (parte teórica) e un mínimo de 16 respostas correctas na segunda parte (parte práctica). Nese caso, os 30 puntos virán determinados pola nota de corte da persoa que ocupe o posto 64 das mellores puntuacións, sempre e cando obtivese ese mínimo do 40 % de respostas correctas en cada unha das partes do exame. O resto de persoas que superen esta nota de corte terán unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos proporcionais ao número de respostas acertadas e, do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes que non superen este exercicio.

Feita a corrección na sesión do día 3 de novembro de 2022, e consonte os anteriores criterios, superaron o exame un total de 59 aspirantes.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.3.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2022

Pedro Gandarillas Iglesias
Presidente do tribunal