Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58461

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Mediante a Resolución do 10 de outubro de 2022 (DOG núm. 203, do 25 de outubro), o tribunal nomeado pola Resolución do 8 de xullo de 2022 (DOG núm. 133, do 13 de xullo) para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), acordou publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no primeiro exercicio, outorgando un prazo para presentar alegacións en relación con estas puntuacións de dez días hábiles que se contaban desde o seguinte ao da publicación da devandita resolución.

Recibidas alegacións ao respecto desas puntuacións, detectouse algún erro no proceso automatizado de lectura e corrección do primeiro exercicio do proceso selectivo, polo que na sesión do 2 de novembro de 2022 este tribunal acorda solicitar á Dirección Xeral de Función Pública a realización dunha nova corrección.

Como resultado deste proceso, na sesión do 3 de novembro de 2022, o tribunal

ACORDOU:

Primeiro. Rectificar a Resolución deste tribunal do 10 de outubro de 2022 (DOG núm. 203, do 25 de outubro) exclusivamente no referente á relación de puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, e as puntuacións das persoas aspirantes presentadas que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Segundo. Publicar as puntuacións, rectificadas de acordo coa corrección dos exercicios acordada na sesión do 2 de novembro de 2022, obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2022

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do tribunal