Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 21 de outubro de 2022 polo que se notifica a resolución de arquivamento do expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2007/104-0.

A subdirectora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística por substitución do director (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; Diario Oficial de Galicia núm. 59, do 27 de marzo), ditou, o 19 de agosto de 2022, resolución en relación coas obras consistentes en construción de vivenda unifamiliar no encoro de Cachamuíña, Vilar, no termo municipal do Pereiro de Aguiar, provincia de Ourense, pola que se resolve arquivar o expediente, xa que se procedeu a repor a legalidade urbanística, segundo o previsto na Resolución do 1 de xullo de 2008.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución ao interesado con documento nacional de identidade L3210422J, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística