Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58559

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO de orde de execución de limpeza de predios.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), publicamos a referencia do expediente e a referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, por resultar descoñecido o enderezo do titular, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, e advertimos expresamente da execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está á disposición dos interesados no Concello de Barro, en Pontevedra.

Núm. de expediente

Referencia catastral

Situación

DNI do titular catastral

425/2022

36002A223003380000AX

Bretoña-Curro (Barro-Pontevedra)

En investigación

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Barro, 19 de setembro de 2022

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde