Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado reforma da LMTA LAL803 no Castelo, Cepeiras, Cancelas e Erbo de Arriba, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma da LMTA LAL803 no Castelo, Cepeiras, Cancelas e Erbo de Arriba, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terá dereito a facer as alegacións que considere oportunas, empregando os métodos de valoración que xulgue máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que considere oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 20 de outubro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/56-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma da LMTA LAL803 no Castelo, Cepeiras, Cancelas e Erbo de Arriba.

Concello: Lalín.

Ref. LMTA LAL803 no Castelo, Cepeiras, Cancelas e Erbo de Arriba

Referencia catastral

Lugar

Titular

1

36024A029002510000AP

As Carballas

Descoñecido

2

36024A029002480000AP

Revoltas

Descoñecido

3

36024A029002470000AQ

Porto Chao

Descoñecido

4

36024A028001450000AP

O Castro

Descoñecido

5

36024A031000400000AU

Agrelo

Descoñecido

8

36024A031002240000AJ

Agrelo

Descoñecido