Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construcción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2022/62 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: reforma CT 12784 rúa da Fraga.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas principais:

Reforma do centro de transformación rúa da Fraga (12784) cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 400 kVA, consistente na substitución da aparellaxe existente ao aire por aparellaxe de nova xeración e instalación de telemando. Instálanse os seguintes elementos:

• Tres celas de liña en SF6.

• Unha cela de protección en SF6.

• Transformador de 400 kVA (reutilizado) 20.000/400-230 V.

• Telemando sobre celas.

• Pontes de media tensión.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 51.683,98 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Lugo.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

En relación coa instalación de baixa tensión, deberase seguir o disposto no artigo 18 do Real decreto 842/2002 para a súa posta en servizo, así como na súa Instrución ITC-BT-04 e, no seu momento, deberase achegar a documentación exixida con carácter previo á posta en servizo da instalación, para a súa revisión por esta Administración e posterior inscrición da instalación no correspondente rexistro.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 26 de outubro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo