Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se notifica a resolución de desistencia e arquivamento da solicitude de autorización como xestor de residuos (expediente 2018-SC-I-272 e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, notifícaselle ao titular que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de desistencia e arquivamento da solicitude.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Residuos, sitas no edificio administrativo, rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o prazo indicado para comparecer.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expedientes: 2018-SC-I-272-273-274-275.

NIF: 32697577H.

Acto notificado: resolución de desistencia da solicitude de xestor de residuos.

Data do acto administrativo: 12.4.2022.