De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 2 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 20 de decembro) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza da categoría profesional de mestre/a, especialidade educación infantil, grupo II, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos Estatutos da USC,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de mestre/a, especialidade educación infantil, a persoa que superou o proceso selectivo pola quenda de promoción interna e que se relaciona no anexo desta resolución.
Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2022
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Quenda de promoción interna
|
Número de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***7368** |
Romero Gil, María del Carmen |


