Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58832

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Catoira

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade, por oposición libre, de dúas prazas de persoal laboral fixo vacantes e incluídas na oferta de emprego público de 2022.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 18 de outubro de 2022, aprobáronse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, por oposición libre, de dúas prazas de persoal laboral fixo vacantes no Concello de Catoira e incluídas na oferta de emprego público de 2022, coas seguintes características:

Persoal laboral fixo: peóns de servizos varios.

Número de vacantes: 2; categoría: V.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 206, do 27 de outubro de 2022, publicáronse as referidas bases na súa integridade.

O prazo de presentación das solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Catoira, 4 de novembro de 2022

Alberto García García
Alcalde presidente