Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 25 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2021/169-1, no concello de Vedra.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Cubelas e Ribeira, no concello de Vedra (expediente IN407A 2021/169-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do referido concello, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 25 de outubro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/169-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Cubelas e Ribeira.

Concello: Vedra.

Predio

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

1

506/458

Salomé Cao Pazos

9.12.2022

10.00

9

506/408

Celestino Lata Carbia

9.12.2022

10.10

10

506/416

Manuel Tato Balboa

9.12.2022

10.20

13

506/329

Obdulia Pereiras González

9.12.2022

10.30

14

506/424

Jesús Manuel Louro Boo

9.12.2022

10.40

21

506/174

Lidia Sinde Gil

9.12.2022

10.50

22

506/173

Celestino Lata Carbia

9.12.2022

11.00