Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2022 Páx. 58949

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 4 de novembro de 2022, o tribunal nomeado por Resolución do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 73, do 18 de abril), modificada pola Resolución do 10 de maio de 2022 (DOG núm. 94, do 16 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Convocar para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición as persoas aspirantes que a continuación se relacionan, que, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, non acreditaron estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

DNI

Apelidos e nome

***8051**

Sánchez Fernández, Alejandro

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, este terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 16 de novembro de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 17.00 horas.

O exercicio consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test con catro (4) respostas alternativas, das cales só unha (1) delas será a correcta, máis tres (3) de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento da lingua galega.

O exercicio terá unha duración de corenta (40) minutos.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2022

Ángel López Álvarez
Presidente do tribunal