Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2022 Páx. 59042

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO da aprobación das bases de selección dun técnico de xestión económica.

A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión que tivo lugar o 29 de setembro de 2022, acordou aprobar a convocatoria e as bases reguladoras para a cobertura da praza vacante que se sinala a seguir, incluída na oferta de emprego público para o ano 2021, aprobada pola Resolución da Alcaldía do 23 de decembro de 2021 e publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 249, do 29 de decembro:

Persoal funcionario:

– Segundo o artigo 76 e a disposición transitoria terceira do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro: grupo A2.

– Clasificación: escala da Administración xeral, subescala técnico medio de xestión.

– Denominación: técnico de xestión económica.

– Número de vacantes: 1.

– Forma de provisión: oposición libre.

Deste modo establécese un prazo de vinte días naturais para a presentación de instancias, prazo que comezará a contarse desde a inserción do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As bases atópanse publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 193, do 7 de outubro de 2022.

A Illa de Arousa, 17 de outubro de 2022

Carlos Iglesias Cores
Alcalde