Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2022 Páx. 58953

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso, por promoción interna, nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (código de procedemento PR461F).

Con data do 5 de outubro de 2022, publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) número 190 a Orde do 21 de setembro de 2022, pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (códigos de procedemento PR461F e PR461J).

Con data do 6 de outubro de 2022, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes.

Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido no punto 4.1 da referida Orde do 21 de setembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter provisional as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo de acceso, por promoción interna, convocado pola Orde do 21 de setembro de 2022 (DOG núm. 190, do 5 de outubro), así como as listaxes de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe provisional de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp) https://agasp.xunta.gal

A listaxe de persoas declaradas exentas e non exentas da realización da proba de lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Agasp https://agasp.xunta.gal

A listaxe provisional de persoas excluídas no proceso de acceso por promoción interna, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

De conformidade co establecido no punto 4.2 da convocatoria, as persoas excluídas e as persoas declaradas non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, para emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou a non exención da proba de coñecementos de lingua galega.

Dispoñen do mesmo prazo as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude no proceso de acceso por promoción interna, non consten nin como admitidas nin como excluídas nas listaxes publicadas.

A Estrada, 8 de novembro de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe provisional de persoas excluídas. Proceso de acceso por promoción interna nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, convocado pola Orde do 21 de setembro de 2022

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas de exclusión

***630***

Brage

Rodríguez

Xosé Lois

1, 2, 3, 4,

***627***

Comesaña

Rosende

Jorge Enrique

1, 4

***577***

López

Santana

Antonio José

5

Causas de exclusión

1

Non presenta certificado acreditativo segundo o establecido no punto 3.4.1.g) da convocatoria ou é erróneo

2

Non presenta o documento especificado no punto 3.4.1.e) da convocatoria

3

Non presentou e non foi posible comprobar o cumprimento do requisito da titulación exixida.

4

Non acredita o cumprimento dos requisitos establecidos nos puntos 2.1.g), 2.1.h), 2.1.i) e 2.1.j) da convocatoria

5

Non foi posible consultar a inexistencia de antecedentes penais. Debe presentar certificado acreditativo