Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Luns, 14 de novembro de 2022 Páx. 59119

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 19 de outubro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B).

Advertidos erros na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 206, do 28 de outubro de 2022, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 56925, na base décimo terceira, no punto 3.a):

Onde di:

«a) Maior puntuación en cada unha das epígrafes do baremo, pola orde en que aparecen no anexo II da presente convocatoria».

Debe dicir:

«a) Maior puntuación en cada un dos apartados do baremo, pola orde en que aparecen no anexo II da presente convocatoria».

Na páxina 56936, no anexo II, Baremo do concurso de méritos, no apartado I, epígrafe 1.1:

Onde di:

«Folla de servizos da Administración educativa correspondente, en que debe constar a data de toma de posesión e cesamento na especialidade, así como os documentos xustificativos do nomeamento ou copia deles en que conste a data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade».

Debe dicir:

«Folla de servizos da Administración educativa correspondente, en que debe constar a data de toma de posesión e cesamento na especialidade, ou os documentos xustificativos do nomeamento ou copia deles en que conste a data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade».

Na páxina 56936, no anexo II, Baremo do concurso de méritos, no apartado I, epígrafe 1.2:

Onde di:

«Folla de servizos da Administración educativa correspondente, en que debe constar a data de toma de posesión e cesamento e a especialidade, así como os documentos xustificativos do nomeamento ou copia deles, en que conste a data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade».

Debe dicir:

«Folla de servizos da Administración educativa correspondente, en que debe constar a data de toma de posesión e cesamento na especialidade, ou os documentos xustificativos do nomeamento ou copia deles en que conste a data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade».

Na páxina 56936, no anexo II, Baremo do concurso de méritos, no apartado I, epígrafe 1.3: