Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Luns, 14 de novembro de 2022 Páx. 59111

III. Outras disposicións

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2022 pola que se aproba a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade intelectual para a formación práctica na institución da Valedora do Pobo, convocadas pola Resolución do 16 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 124, do 30 de xuño).

Vista a proposta formulada pola xefa do Servizo de Administración e Persoal para a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade intelectual para a formación práctica na institución da Valedora do Pobo, convocadas por Resolución do 16 de xuño de 2022 (DOG número 124, do 30 de xuño),

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade intelectual para a formación práctica na Valedora do Pobo ás persoas aspirantes que se relacionan no anexo I, de conformidade cos criterios de valoración fixados na base novena da Resolución do 16 de xuño de 2022.

Segundo. Facer pública a resolución definitiva de concesión de bolsas e a relación complementaria de suplentes (anexo II), de conformidade coa base décimo primeira da devandita resolución.

Terceiro. A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Valedora do Pobo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2022

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo

ANEXO I

Aspirantes

Total

***7239**

17

***8023**

16

ANEXO II

Aspirantes

Total

***8802**

16

***5589**

16

***5985**

15