Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Martes, 15 de novembro de 2022 Páx. 59247

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 2 de novembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 22 de setembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 192, do 7 de outubro).

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Política Social e Xuventude, mediante a Orde do 22 de setembro de 2022 (DOG núm. 192, do 7 de outubro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ás funcionarias que se expresan no anexo desta orde, seleccionadas conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde do 22 de setembro de 2022.

Segundo. O cesamento no actual destino das funcionarias que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que deben cesar no seu destino as funcionarias están desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia; no prazo de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles, se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro en que causen baixa as funcionarias, así como o daquel en que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2022

A conselleira de Política Social e Xuventude
P.S. (Decreto 153/2022, do 13 de setembro; DOG núm. 175, do 14 de setembro)
Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía,
Industria e Innovación

ANEXO

Apelidos e nome: Ribeiro Días, Isabel.

DNI: ****2371P.

Grupo: C2.

Corpo/escala: corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: secretario/a do/a secretario/a xeral.

Código: PS.C02.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Pérez Pardo, Silvia.

DNI: ****2500M.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Valoración da Dependencia e da Discapacidade.

Código: PS.C06.00.002.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.