Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Martes, 15 de novembro de 2022 Páx. 59272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 26 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se lles notifica a varias persoas interesadas a Resolución do 30 de xuño de 2022 relativa ao parque eólico A Ruña III, no concello de Mazaricos (A Coruña), promovido por Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U. (expediente IN408A/2017/043).

Mediante a Resolución do 30 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgouse a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico A Ruña III, sito no concello de Mazaricos (A Coruña) e promovido por Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U. (expediente IN408A/2017/043).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, despois dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Unha vez transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2022

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Persoa/s interesada/s

Acto que se notifica

María Brasilia Louro Lago, en representación do Comité de Defensa das Rías Altas

Autorización administrativa previa e autorización de construción

Alicia López Pardo

Autorización administrativa previa e autorización de construción