Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Mércores, 16 de novembro de 2022 Páx. 59546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica un trámite de audiencia como consecuencia dun recurso de alzada interposto contra o Acordo de concentración parcelaria de Troáns I (Cuntis, Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Rec.

Nome/DNI

Acto que se notifica

24

35427520E

Trámite de audiencia