Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Mércores, 16 de novembro de 2022 Páx. 59538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 26 de outubro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 245/2022 contra a Resolución do 2 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, da Coruña, polo que se solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 245/2022 contra a Resolución do 2 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o envío dos correspondentes expedientes administrativos ao referido órgano xudicial.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no referido órgano xudicial, no prazo de nove días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública