Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Mércores, 16 de novembro de 2022 Páx. 59548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 27 de outubro de 2022 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición do expediente PON/65/2016-B1R1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 6 de xuño de 2022, ditou resolución do recurso de reposición no expediente de reposición da legalidade, PON/65/2016-B1R1, tramitado pola realización de obras no lugar do Camiño da Maceira, Igrexa Chapela, no termo municipal de Redondela (Pontevedra).

Ao non se poder realizar a notificación persoal da resolución ao interesado con documento nacional de identidade X2950561Y, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10 ) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao destinatario arriba indicado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística