Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Mércores, 16 de novembro de 2022 Páx. 59564

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO do nomeamento de técnica da Administración xeral como funcionaria de carreira.

Mediante o Decreto da Alcaldía, emitido o 10.10.2022, resolveuse nomear a Mª Teresa Cid Poza, con DNI ***1552**, funcionaria de carreira do Concello de Ribeira, para ocupar a praza de técnica da Administración xeral, pertencente ao cadro de persoal de funcionarios/as de carreira, encadrada na escala da Administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1, incluída na oferta de emprego público deste concello do ano 2021, código de RPT 01.00.00.03.

A toma de posesión efectuarase no prazo dun mes, a partir da publicación do nomeamento no Boletín Oficial da provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

Ribeira, 11 de outubro de 2022

O alcalde
P.S. (Decreto 7.10.2022)
Mª José Sampedro Fernández
Alcaldesa en funcións